Curso 2016-2017
TELEXORNAL "QUÉROTE+"
As alumnas e alumnos que participaron no "Quérote+", ao longo do curso académico, produciron e gravaron un Telexornal, edición especial, para informar aos seus compañeiros e compañeiras de todo o que aprenderon .... e este foi o resultado, espero que vos resultante tan interesante como a nos.
Proxecto ríos
Como todos os anos en primavera saimos a facerlle unha visita ao río Lor e o río Selmo para avaliar o seu estado de conservación.
Nesta saída participou o alumnado de 5º de Primaria e 1º da ESO.
Ademais de inspeccionar o río segundo o protocolo establecido polo proxecto ríos, visitamos tamén, como ano pasado, unha das microrreservas do orquídeas do Courel para estudar a evolución no tempo de dúas especies de orquídeas: Orchis ustulata e Orchis morio.
Agradecemos a Carlos Cortizo, coautor da Guías das Orquídeas de Galicia, pola súa colaboración.
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018
Solicitude de Fondo Solidario de Libros de Texto: alumnado que no curso 2017-18 cursará de 3º a 6º de Educacion Primaria e 1º ,2º,3º e 4º de ESO.
Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado que o vindeiro curso 2017-18 cursará 1º e 2º de Educación Primaria.
Axudas para material escolar: destinado a alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
Prazo de presentación: 23 de maio ao 23 de xuño de 2017.
MÁIS INFORMACIÓN |
IMPRESO SOLICITUDE |
17 DE MAIO: O CPI POETA UXIO NOVONEYRA CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA
O día 17 de maio celebrouse o Día mundial da internet e coincidindo na mesma data, o Día contra a homofobia e a transfobia. No centro de Seoane do Courel somos conscientes de que o uso das novas tecnoloxías, as redes sociais, internet … son un mecanismo de comunicación e de difusión de mensaxes, que levadas a cabo de xeito responsable e crítico podemos empregar para fomentar o respecto, a tolerancia e o valor da diversidade sexual.
O alumnado da ESO quere manifestar a súa tolerancia cero contra as mensaxes de discriminación, odio e rexeitamento contra a homofobia e transfobia e SI a súa tolerancia pola diversidade sexual.
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC
Hoxe contamos no centro coa presenza de Javier López González, coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC e profesor na Escola Politécnica Superior do Campus Terra de Lugo que veu acompañado de Clara, alumna do grado de Mestre en Educación Primaria. Nesta charla informóusenos das titulacións que oferta a USC, dos servizos aos que o alumnado ten acceso (centro de interpretación de linguas, voluntariado, deportes, teatro, ….), da posibilidade de acceder aos programas de mobilidade, das residencias universitarias, das becas do MEC …. e recalcouse a relevancia que a elección vocacional vai ter nas nosas vidas e de que esta debe ser baseada no que nos guste facer, no que nos motive e na que nos atopemos con ganas de aprender e progresar.
Ademais tivemos a sorte de contar con Clara que nos aportou a súa visión sobre o campus e o que é a vida universitaria, cales son as vantaxes que ela atopou e o que a motiva o que está facendo.
Puidemos aproveitar para preguntar as dubidas que tiñamos e acercarnos un pouco máis a vida universitaria, que aínda que parece que está lonxe, xa estamos empezando a percorrer o camiño para chegar a ela.
Aquí quedan unhas poucas imaxes da charla ...
LIBROS SOBRE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS
Sinalo algunhas recomendacións sobre libros nos que se traballan as emocións e os sentimentos. Estes libros fomentaran o gusto pola lectura e ademais axudarannos a aprender a recoñecer e xestionar as emocións. Sen esquecer que é esencial que os adultos acompañen e axuden aos nenos e nenas a reflexionar sobre os eles.
LIBROS PARA NENOS E NENAS SOBRE OS MEDOS
- "A la cama monstruos!"
Unha maneira divertida de afrontar e superar os medos nocturnos onde unha pequena, xunto ao seu gato, deciden asustar aos monstros da súa habitación para que se vaian e poidan durmir tranquilos.
(Autora: Isabelle Bonameau · Editorial Corimbo)
- "El intruso"
Unha historia dun neno que sente cada vez máis invadido por unha pelota que se instala na súa habitación e consegue obsesionalo. Unha reflexión sobre as dinámicas de grupo, os novos chegados, os cambios, o lugar que cada un acaba ocupando no mundo. Para reflexionar sobre o medo ao descoñecido.
(Autor: Pablo Pérez Antón· Ilustrador: Cristina Sitja Rubio · Editorial A buen paso )
LIBROS PARA NENOS E NENAS SOBRE A TRISTEZA
- "Madrechillona"
Unha historia onde unha mamá pingüín esnaquiza ao seu fillo pingüín cun terrible berro e fai que cada anaco do corpo do neno voe a diferentes recunchos... Pero o perdón da nai reconstrúe ao neno. Unha maneira de evidenciar a importancia do trato aos nosos menores, para ben e para mal, da importancia das palabras e as emocións que xeran.
(Autor: Jutta Bauer · Ilustrador: Jutta Bauer· Editorial Lóguez)
- "El Niño y la Bestia"
Unha historia dun neno e unha nai que se converte nunha Besta: triste, enorme e necesitada de agarimo. Todo cambia para o neno desde entón porque ha de ocuparse dela para que non estea triste e del mesmo. Un libro para pais e para ler en familia onde acompañar, querer e esperar a que a ferida vaia pechando e todo volva ser mellor. Un libro interesante tamén para evidenciar os sentimentos dos adultos tras unha separación.
(Autor: Marcus Sauermann · Ilustrador: Uwe Heidschötter · Editorial Picarona )
LIBROS PARA NENOS E NENAS SOBRE A EMPATÍA
- "Por cuatro esquinas de nada"
É a historia duns amigos, todos son iguais menos un que é diferente. Non ven estas diferenzas ata que un problema interponse entre eles. O diferente pensa en liquidar a súa diferenza e os outros en que sexa igual que eles, pero empatizan con el e danse conta que el non é o problema senón a contorna. Un tributo á diversidade e a empatía.(Autor: Jerome Ruillier · Editorial Juventud )
- " Juan oveja también quiere tener una persona"
É a historia ao revés de algo cotián: ter mascotas. Unha ovella pide aos seus pais unha mascota igual que teñen os seus amigos e ao final, conségueo, pero escápaselle e todos os animais axúdanlle a buscalo. Un libro para sensibilizarse e empatizar coas persoas mascotas.
(Autor: Kirsten Boie · Ilustrador: Philip Waechter · Editorial Lóguez )
- "Hilo sin fin"
É unha historia que resalta o poder transformador que podemos ter as persoas e o carácter xenuíno dos nenos co seu positivismo, tenacidade e felicidade. Unha historia dunha nena que co seu corazón, as súas agullas e os seus fíos transforma unha contorna gris nun cheo de cor.
LIBROS SOBRE A AUTOESTIMA
- "Orejas de mariposa"
Unha preciosa historia dunha nena coas súas peculiaridades físicas que, coa axuda da súa nai, a imaxinación e espontaneidade convértea nunha oda ao valor da diversidade e a autoestima.
(Autor: Luisa Aguilar · Ilustrador: André Neves · Editorial Kalandraka )
- "Malena Ballena"
Outra preciosa historia que vive a realidade que moitos nenos: o sobrepeso, un tema delicado pero tratado con moito sentido do humor, desde o respecto, o valor á diversidade e o fomento da autoestima.
(Autor: Davide Cali · Ilustrador: Sonja Bougaeva · Editorial Libros del zorro rojo )
LIBRO PARA NENOS E NENAS SOBRE A TENRURA
- "Todos sus patitos"
Unha bonita fábula onde o raposo é capaz de tranquilizar os seus instintos máis primarios sen esquecelos: a fame, ante un patiño abandonado que o adopta como pai e viven moitas emocións xuntos. Un libro que nos fala de como nacen os sentimentos paternais, de familias diferentes e de como non hai nada escrito que nos determine o que temos que ser.
(Autor: Christian Duda · Ilustrador: Julia Friese· Editorial Lóguez )
LIBROS PARA NENOS E NENAS SOBRE O SENTIMENTO DE PERDA
- "Más allá del gran río"
Un libro emotivo onde a partir dunha bela e sensible historia de animaliños, a morte vívese con calma e co respecto á tristeza que causa, pero cun chisco de ánimo, valor, solidariedade, amizade e amor profundo. Un libro para acompañar ao neno no seu duelo e/ou para explicarlle os sucesos naturais da vida.
(Autora: Armin Beuscher. Ilustrador: Cornelia . Editorial Mocidade )
- "El zorro que perdió la memoria"
Unha historia tenra onde un raposo áxil e moi intelixente que co paso dos anos vai perdendo facultades e enferma de Alzheimer. Un libro onde evidenciar a perda da mocidade dos avós, da saúde e a memoria pero tamén o valor do paso do tempo e de como a sabedoría e experiencia traspásase por xeracións sen perderse.
(Autor: Martin Baltscheit. Editorial Lóguez )
- "Gajos de naranja"
Outra bonita historia da relación dunha nena co seu avó que un día xa non está no lugar onde sempre se atopaban ao saír do colexio. Un libro para falar da relación cos avós e a súa perda.
(Autor: Françoise Legendre. Ilustrador: Natali Fortier. Editorial Tandem )
LIBROS PARA NENOS E NENAS SOBRE A INSENSIBILIDADE
- "El niño gris"
É un curioso conto onde un neno nace e crece sendo gris por fóra e por dentro, vivindo sen sentir emocións, ata que un acontecemento cámbialle a vida e comeza a cambiar a súa cor gris por un un tanto máis ?Sentido?. Unha bela historia para evidenciar a importancia de sentir as emocións da vida e tamén, podería lerse como, o neno que non é como os seus pais queren que sexa.
(Autor: Lluis Farré Estrada · Ilustrador: Gusti · Editorial La Galera )
LIBROS PARA NENAS E NENOS SOBRE O AMOR INCONDICIONAL
- "Siempre te querré, pequeñín"
Trata dunha bela historia onde un neno, tras un mal momento, cuestiónalle á nai que se fóra dunha ou outra maneira, cada cal máis fea, espantosa e feroz, se lle seguiría querendo e a nai explícalle que o amor non ten barreiras e que non hai travesura tan grande que non se poida perdoar.
(Autor: Debi Gliori · Editorial Timun Mas )
- "Nacido del Corazón"
É unha historia dunha nai e un pai que viven un “embarazo de corazón” e serve para contar a todos os nenos e nenas, nados como nacesen, que todos e todas somos diferentes, que provimos de diferentes orixes e distintas clases de familias. Un libro para normalizar a adopción e recalcar que o máis importante é concibir co corazón e dar a luz con amor!
(Autora: Berta Serrano Vreugde · Ilustrador: Alfonso Serrano Vreugde · Editorial Kókinos)
Fonte: rejuega.com
(espazo xestionado por Yessica Clemente Salgueiro)
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O Día Mundial de Loita contra o "BULLYING" ou o "ACOSO ESCOLAR", conmemórase cada 2 de maio. Trátase dunha campaña que busca combater o "acoso escolar" ou "bullying" e o "acoso na internet ou ciberbullying", un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo e que causa, polo menos, 200 mortes cada ano, xa sexa por homicidio ou por indución ao suicidio cada ano. É dicir, leva a vida de nenos/as e mozos/as en todas partes do mundo. Así mesmo está probado que enferma a miles de estudantes que abandonan os seus estudos ou os soportan con angustia e cansazo coma se dunha cotiá tortura se tratase.
Esta iniciativa nace no ano 2013 a partir da presentación da ONG Bullying Sen Fronteiras, o seu fundador o Dr. Javier Miglino e un equipo multidisciplinario internacional conformado por médicos, educadores, psicólogos, psicopedagogos, xornalistas e pais de nenos e nenas que sufriran bullying e ciberbullying e que consideraron necesaria a creación dunha efemérides mundial que axude á concienciación deste grave problema que afecta a millóns de nenos e adolescentes en todo o mundo.
O TELEFONO CONTRA O ACOSO ESCOLAR do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 900018018, este recurso gratuíto, atendido por unha vintena de profesionais as 24 horas do día, os 365 días do ano, arrincou o pasado 1 de novembro de 2016. O seu primeiro medio ano de funcionamento coincide coa celebración do Día Mundial contra o acoso escolar este martes 2 de maio.
VISITA AOS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE LUGO
- CIFP As Mercedes, neste centro integrado de formación profesional impártense as familias profesionais de “Enerxía e Auga”, “Transporte e Mantemento de Vehículos”, “Instalación e mantemento”; e “Comercio e Marketing” .
- CIFP Politécnico, impártense as familias profesionais de “ Edificación e Obra Civil”, “Electricidade e Electrónica”, “Fabricación Mecánica”, “Sanidade”, “Madeira, Moble e Cortiza”; e “Servizos socioculturais e a comunidade”.
- IES Muralla Romana, neste instituto de secundaria, ademais de impartir a ESO e o Bacharelato, teñen ciclos formativos das seguintes familias profesionais: “Administración e Xestión”, “Imaxe Persoal” e “ Informática e comunicacións”·
Queremos agradecer a boa acollida e trato que tivemos nesta visita, nos que tanto os equipos directivos, como as orientadoras e o profesorado dos centros sinalados, nos ofreceron unha visión máis ampla do que é a Formación Profesional (FP), da das vías de acceso a FP, dos distintos réximes que existen, é dicir, a FP pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo– ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia, da FP Dual, os programas de mobilidade dentro da FP (Erasmus, Leonardo …. ) e as convalidacións entre CF de Grado Superior e a Universidade.
Ademais en cada un dos centros puidemos ver como son os talleres, as clases … onde se imparten as distintas familias profesionais e coñecer un pouco máis do que se aprende nos distintos ciclos formativos.
Así mesmo, puidemos resolver algunhas dubidas que tiñamos acerca destas ensinanzas e pensar en cal que queremos que sexa o noso itinerario formativo.
Aquí queda un pequeno resumo en imaxes ….