Curso 2014-2015

Terra Brava 26

Nº 26 da nosa revista correspondente ao curso 2014-2015

 

FIN DE CURSO NA PRAIA

Con un pouco de bastante retraso, aquí podedes ver as fotos do fantástico día que pasamos na praia.

Moitos bicos para tod@s e desfrutade moito das vacacións!!!!

    

 

      

 

    

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014-2015

Etiquetas :

Biblioentrevist@s fin de curso!!!

Aquí tedes os vídeos donde podedes ver as biblioentrevistas que os nosos reporteiros/as Alba, Samuel e Adrián fixeron a finais deste curso:

Entrevista de Adrián (6º Primaria) a Alba e Samuel, alumna e alumno que rematan a ESO e que marchan a outro centro (un IES de Lugo) para facer Bacharelato. Moita sorte Alba!!! Moita sorte Samuel!!

Agora, Samuel entrevista aos novos alumnos/as que chegaron en setembro 2014 ao noso cole para comezar Infantil 3 anos. Son Irene, Adriana e Pablo:

E, finalmente, Alba entrevista a Lucas, alumno de 6º Primaria que chegou ao noso centro no terceiro trimestre:

A GRAN FINAL DE TIRO CON ARCO

Despois dunhas competidas eliminatorias previas, nas que participaron un gran número de alumnos e profesores, este mercores 17 de xuño chega o día no que os catro últimos finalistas tentarán acadar o título de Campión do Mundo Caurelá de Tiro con Arco.

Moita sorte a todos e que gañe o mellor!

Entrega de premios II Olimpíada do Saber

Despois de varios intentos fallidos, por fin, este venres 12 de xuño, Sandra e Arnau (os nosos axudantes da biblioteca) deron os premios aos alumnos/as gañadores/as da II Olimpíada do Saber. A cousa estivo moi pero que moi reñida, pero ao final os gañadores foron: Tegra (Infantil 5 anos), Sabela (2º Primaria) e Samuel (4º ESO). Noraboa aos gañadores!!:

Tegra

Sabela

Samuel

Dende a biblioteca, queremos agradecer a todos/as os/as alumnos/as que participaron tan animadamente nesta Olimpíada buscando as pistas na biblioteca. Para eles tamén houbo uns pequenos agasallos que Arnau e Sandra se encargaron de repartir. Grazas a todos/as por participar!!

    

E por último, sinalar que a Samuel tamén se lle entregou, tal e como el desexaba, un cheque similar ao que recibe o gañador dun Premio Nobel...Así de contento e... sorprendido quedou!:

COCIÑANDO CONTOS.....Coas mans na masa!!!

Hoxe as nenas e nenos de primeiro e segundo ciclo de primaria e de infantil fixemos unha actividade chulísima de cociña....Sí....sí de cociña.... pero de cociñar contos e personaxes.

Pasaron o día con nós Raquel e Borja da editorial OQO, agasalláronnos con libros de dita editorial para o cole, todos cunha temática moi rica: uhmmmmmmmmmmmm, todos eran relacionados coa comida.

Así que mans á obra, con masa modelamos personaxes do conto de Maruxa que pintamos sobre bandexas de pasteis.

E pola tarde un conta contos moi especial, tivemos a sorte de que nos contaran varios contos: "Maxia", "O galo traganoces", "A sopa queima"e "Hansel e Gretel". E sabedes un segredo.....regaláronnos pedras máxicas, coas que marcou o camiño Hansel, e vimos os raios máxicos de lúa que só se poden recoller cada catro anos o 29 de febreiro...e tamén probamos un cachiño da casa de chocolate........ e ....colorín colorado...este conto está fotografiado!!!!

 

INFANTIL ON TOUR!!!!!

Hoxe os nenos e nenas de infantil acompañados de algúns membr@s das súas familias fomos de viaxe.

Chegamos a Santiago e alí, na estación de tren, collimos un rumbo a Padrón, a verdade é que se nos fixo demasiado curto o traxecto.... Sabedes, os asientos de tren no teñen cinturón de seguridade!!!!!

Cando chegamos a Padrón, fomos ao Xardín Botánico onde comemos e xogamos, e ¡atopamos pistas de Rosalía!, xa que vimos a Figueira de Rosalía (non a de Pelostortos).

Pola tarde visitamos a Casa da Matanza na que  viviu e morreu Rosalía de Castro e alí, no seu xardín, fixemos a nosa particular homenaxe á "Musa dos Pobos". Cantamos, tocamos, bailamos, firmamos e deixamos os nosos debuxos.

Foi un día xenial!!!!

  

 

   

  

A Mochila Viaxeira en maio e xuño

Xa estamos en xuño e queda moi pouco para que rematen as clases. Coma todos os anos por estas datas, a Mochila Viaxeira prepárase para descansar e pasar unhas merecidas vacacións de verán. Pero antes viaxará ao fogar de Samuel, donde pasará os próximos días. No mes de maio tamén visitou os fogares de Lucas e Alba.

Lucas (6º Primaria)

Alba (4º ESO)

Samuel (4º ESO)

Clube de Lectura dos máis peques e... PinCromFlin!!!!

Hoxe pola tarde, os nosos alumnos/as máis pequenos (Infantil e 2º/3º de Primaria) tiveron unha nova reunión do seu Clube de Lectura. Foi unha sesión do máis entretida!. Primeiro desfrutaron escoitando uns contos que Fátima lles lía, e despois facendo unhas actividades nas que falaron dos seus medos (apareceron dende pantasmas e vampiros ata bruxas e a escuridade!); tamén escribiron e debuxaron aquilo que nalgún momento lles fixo sentirse mal (alguns falaban da falta de apoio dun amigo cando o necesitaba, outros de insultos...). E, entre todos e todas, inventaron unha palabra máxica que serve para dicirlla a alguen que está realizando unha mala acción ou molestando a outra persoa... e se lla dicimos parará de comportarse mal. Así que xa sabedes... todos a aprender esta palabra máxica PinCromFlin!!!

Así de ben o pasaron hoxe os nosos alumnos e alumnas!:

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design