Chegamos ao remate das clases e a Mochila viaxeira que leva rulando dende outubro polos fogares dos nosos alumn@s, baléirase de libros e descansa... pero só ata o próximo curso!!.
Pablo e Lara foron os últimos en disfrutar da Mochila. Moi bos alumn@s os dous xa rematan a ESO e deixan o cole para seguir os seus estudos de bacharelato en Lugo. Desde aquí desexámoslles o mellor; botarémolos moito de menos... Esperamos que non esquezan que poden vir pola biblioteca (e polo cole) cando queiran. Moita sorte aos dous!!!!
Nas últimas semanas a Mochila tamén visitou os fogares de:
Antía (6º Primaria):
Iván (3º ESO)
Samuel (3º ESO):
Alba (3º ESO)
Esta última semana de curso aproveitámola para facer a actividade o "Mercadiño da Revista" cos números atrasados das revistas que había na biblioteca (Natura, Muy Interesante). Os alumnos/as podían escoller algún ou algúns exemplares e levalos para ler... sen necesidade de devolvelos!!. Moitos foron os rapaces e rapazas dos distintos cursos que se acercaron ao Mercadiño e levaron revistas para a súa casa!!!
Este xoves 29 de maio tivemos a sorte de disfrutar da compañía do físico, investigador e divulgador científico Jorge Mira Pérez, profesor na Facultade de Física da USC, Director do Departamento de Física Aplicada, Catedrático de Electromagnetismo e responsable do Programa ConCiencia. Persoeiro do máis campechano, chegou para comer con nos; pola tarde, ofreceu unha charla aos alumnos/as da ESO e 5º e 6º de Primaria... probablemente, poucas veces daría unha conferencia nun ambiente tan familiar coma o que aquí se atopou!. Falounos do seu libro "A ciencia no punto de mira" abordanto cuestións científicas tan variadas como a evolución das especies, a aparición dos órganos sexuais nos mamíferos, a reprodución, a anorexia, quedounos clara a sú postura contra o rasurado do bello púbico (práctica que favorece a transmisión do virus do papiloma humano que causa o cancro cervical); tamén nos falou dos premios Ig-Nobel... e ramatou calculando a temperatura do ceo e do inferno!!
Jorge Mira constitúe o broche de ouro a unha serie de actividades que se veñen realizando dende a Biblioteca e Normalización con motivo do "Ano da Ciencia". O noso convidado nunca estivera por estas terras pero marchou namorado delas, desta Serra do Courel... e iso que a climatoloxía non acompañaba, con néboa e chuvia!!. Terá que voltar de novo, esta vez con bo tempo, para poder disfrutar mellor da fermosura desta paisaxe!!!
Grazas Jorge Mira pola túa visita!!!
Dedicatoria que nos escribiu no seu libro "A ciencia no punto de mira":
A pasada semana alumnado e profesorado despedímonos de Brendan, o auxiliar de conversa en lingua inglesa que este ano estivo connosco. Todos estabamos un pouco tristes pola despedida porque nos axudou moito a mellorar as nosas habilidades de conversa en lingua inglesa. Pero, por outra parte, tamén estabamos contentos de ver que Brendan volvía ao seu fogar nos Estados Unidos coa súa familia, a desfrutar dunhas merecidas vacacións. A xeito de homenaxe fixémoslle unha pequena despedida, adicámoslle unhas palabras, démoslle un agasaios e desexámoslle a mellor das sortes.
Xa temos aos gañadores da Olimpíada do Saber!!!!!... En Primaria gañou Dani (2º curso) e en Secundaria Pablo (4º ESO). O premio???... dous estupendos libros de ciencia: "Mi primer Larousse de los ¿Por qué?" para Dani, e o libro de Jorge Mira "A ciencia no punto de mira" para Pablo. Parabéns... e que disfrutedes léndoos!!
Despois de tanto aprender contidos teóricos na clase é hora de ver como se aplican. Para iso, fómonos ata Vigo. Ali visitamos o Instituto de Investicacións Marinas do CSIC-Galicia e tamén a planta de producción de coches de Citröen.Dous bos exemplos.
Para celebrar o Día do Libro (do 22 ao 30 de abril) levárnonse a cabo disintas actividades propostas pola Biblioteca, Club de Lectura e Normalización:
Durante a semana os alumn@s buscaron información sobre distintos científic@s galeg@s en activo e realizaron o mural "Os nosos científicos", entre eles: Elvira Sahuquillo, Jorge Mira, Xurxo Mariño, Ángel Carracedo, José Vicente López Bao...
O mércores 23 , durante o recreo, os alumn@s máis pequenos (Infantil e primeiro ciclo de Primaria) contaron un conto aos alumn@ de Secundaria. Nestes "encontros" intercambiábanse uns marcapáxinas. O lugar: calquera lugar do centro é bo para contar e escoitar unha boa historia!!... Así de animados estaban os nosos alumn@s hoxe:
Nos meses de marzo e abril a Mochila viaxeira visitou os fogares de:
En marzo:
Na primeira quincena:
Lluís (2º ESO)
Kepa (4º Primaria)
Na segunda quincena:
María Locay (2º ESO)
Súa (4º Primaria)
En abril:
Sandra Vilariño (2º ES)
Aranu (4º Primaria)
Adrián (5º Primaria)