Curso 2012-2013

Terra Brava 24

Nº 24 da nosa revista correspondente ao curso 2012-2013

 

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DA PRENSA

Ao longo de toda a Semana (11 ao 15 de marzo) circularon polas aulas de Infantil, Primaria e Secundaria xornais escritos en distintas linguas. Tamén se elaborou un mural con distintos xornais españois e se fixo un tendal coas noticias que elixiron os alumnos/as.

 

Facendo o tendal:

     

Despois de moito traballo, este é o resultado:

CLASES SEN FUME 2012-2013

Neste curso participamos no concurso de Clases sen fume, organizado pola Consellería de Sanidade, para a prevención do tabaquismo. Está dirixido aos escolares de 1º e 2º ESO. A continuación presentamos os traballos elaborados polos nosos alumnos/as.

A primeira actividade a realizar era un slogan: un lema acompañado dunha representación gráfica. Estes son os resultados:

1º ESO: Non te enganches, déixao pasar!

2º ESO: Sé avespado!

Para a segunda actividade, os alumnos/as en conxunto montaron: Pasadofume!, baseándose nun popular concurso da televisión. Deixámosvos o vídeo final.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Xunto co ENDL fíxose un estudo dos Dereitos Humanos a partir da obra pictórica de Castelao que logo se expuxo neste mural onde se reflicten os dereitos conculcados:

O SAMAÍN

Xunto co Departamento de Normalización Lingüística, elaborouse un mural sobre a historia da Santa Inquisición baseándonos no libro de Rábade Paredes "Branca de Loboso"

Tamén se realizou unha exposición de obras literarias galegas de temática de medo


A MOCHILA VIAXEIRA

Este curso a mochila viaxeira tamén chegou a Infantil. Xa viña viaxando por Primaria e Secundaria e por fin os máis pequenos do cole poden disfrutar dela!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO CAUREL.

Etiquetas :

No CPI POETA UXÍO NOVONEYRA imos organizar un concurso de fotografía do Caurel. Hai dúas categorías: adultos e alumnado. Dentro da categoría de alumnos haberá premios para a mellor fotografía de Primaria e a mellor de Secundaria. Aquí vos deixamos as bases para que lles votedes unha lectura. Animádevos a participar, seguro que tedes un cento de fermosas imaxes do Caurel. Soamente podedes enviar unha, así que escollede ben. Boa sorte!!

BASES CONCURSO

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO CAUREL.

Entroido 2013

Etiquetas :

Saímos á rúa para festexar o entroido cos nosos veciños.

Graciñas a tod@s polos chuches, orellas, galletas e chocolate quente que nos deron por onde fomos.

 

   

 

FESTIVAL DE NADAL 2012

Etiquetas :

Aquí tendes o video do festival, ao final esgotouse a batería e quedounos un pouquiño sen grabar, pedimos disculpas aos "dannificados"

 

Aqui van unhas fotos, tendes máis neste enlace pincha aquí

 

SAMAÍN 2012

Máis fotos AQUÍ

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design