3º Ciclo

Proxecto ríos

Como todos os anos en primavera saimos a facerlle unha visita ao río Lor e o río Selmo para avaliar o seu estado de conservación.

Nesta saída participou o alumnado de 5º de Primaria e 1º da ESO.

Ademais de inspeccionar o río segundo o protocolo establecido polo proxecto ríos, visitamos tamén, como ano pasado, unha das microrreservas do orquídeas do Courel para estudar a evolución no tempo de dúas especies de orquídeas: Orchis ustulata e Orchis morio.

Agradecemos a Carlos Cortizo, coautor da Guías das Orquídeas de Galicia, pola súa colaboración.

 

 

 

 

Proxecto Ríos

O pasado 27 de maio saimos o alumnado de 4º e 6º de Primaria aos ríos Lor e Selmo para facer as inspeccións dos ríos.

Alí tomamos os datos físico-químicos e tamén analizamos os macroinvertebrados que existen na auga do río, indicadores da súa calidade.

 

 

 

Por outra banda, e aproveitando a nova creación na Serra do Courel das Microrreservas de Orquídeas, quixemos coñecer esta familia de plantas e comezar a realizar un estudo científico que durará 4 anos.

Grazas a Carlos Cortizo, coautor da Guía das orquídeas de Galicia, aprendimos a identificalas. Agora aproveitaremos as saidas do proxecto ríos de vindeiros anos para continuar co noso traballo de investigación nas Microrreservas do Courel.

XVII convocatoria dos premios Luis Freire de investigación científica na escola

O sábado día 30 de abril fomos recoller o 2º premio na modalidade de Primaria co traballo "son importantes os microorganismos do solo para o crecemento das plantas?" e o 2º premio na modalidade de Secundaria co traballo "exito de polinización de Aceras anthropophorum, Orchis mascula e Ophrys sphegodes no Courel".

Para máis información podedes acceder o enlace da Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/05/03/span-langgl-colexi...

 

Galiciencia 2015

Do 18 ao 20 de novembro estivemos en Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia expoñendo os traballos de investigación que fixeramos.

Tamén aproveitamos para que nos explicaran que é a luz no obradoiro “Xogando coa luz”.

 

Foi unha experiencia inesquecibel para nós.

 

TORNEO DE PING-PONG

O pasado martes 17 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron a Navia de Suarna a unha xornada de convivencia con centros de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Cervantes e o propio Navia, para realizar un torneo de ping- pong, onde a verdade demostraron a súa valía.

O verdadeiro obxectivo perseguido era que puideran desfrutar deste deporte en compaña de nen@s doutros lugares, e ademais de pasar un bo rato co deporte, tamén coñecendo a diferentes compañeiros e compañeiras.

Aquí vos deixo unhas fotos destes profesionais do ping-pong, ata conseguiron unhas medallas!

      

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design