Actividades

FESTA DE SAMAÍN E MAGOSTO 2024

Por fin se achega a primeira conmemoración deste curso, que terá lugar o próximo mércores 30 de outubro. Tratase da celebración de Samaín e do tradicional magosto! Poden descargar a programación para dito día, xunto cos carteis da convocatoria de 3 concursos diferentes premendo na seguinte imaxe:

O Nadal xa está aquí!

Etiquetas :

 

O día 21 de decembro foi a despedida no cole e fixemos o Festival de Nadal. Déronse os nomes das persoas gañadoras no concurso de postais inclusivas (o xurado estivo deliberando un bo tempo) e fixemos unha exposición no taboleiro con todas as que participaron. Ademais pedimos a toda a comunidade educativa que escribira nunha folla algo bo para poñer na “árbore dos desexos”.

 

 

 

 

 

Tamén tivemos a marabillosa visita do Apalpador, e ata aos profes nos deixou un regaliño! Despedimos o ano con ledicia e esperanza, con música e panxoliñas (non pode ser de outra maneira) e tamén pequenas obras de teatro que sacaron a actriz ou actor que cada un de nós levamos dentro. :)

 

 

 

Desexamos o mellor para este novo ano 2022! Que non falte a saúde, a amizade, as boas lecturas e a boa xente para compartilas. BO NADAL!

 

Club de lectura de profes e de Secundaria

Etiquetas :

Este é o primeiro ano da andadura do Club de Lectura do cole (Courelemos), e hai moito que celebrar! O equipo docente (e as persoas alleas que se queiran sumar ) está convidado a participar. 

Pedimos un par de suxestións a toda a comunidade docente, e neste primeiro sorteo saíu Golpes de luz, de Ledicia Costas. Á volta do nadal xuntarémonos para falar do libro. 

 

 

Por outra banda, no club de lectura de Secundaria o libro escollido foi 22 segundos, de Eva Mejuto. Aproveitando o Nadal, adiantamos un par de capítulos.

 

Decembro, o mes máis curto no cole.

Etiquetas :

Decembro. O mes máis curto no cole... Despois de voltar da ponte o equipo de Dinamización e de Biblioteca organizamos un concurso de tarxetas postais inclusivas que se exporán no taboleiro. 

25 N: Unha cor, un corazón.

Etiquetas :

Chamada a vestirnos de lila, violeta ou negro como forma de amosar (tamén por fóra) o rexeitamento á violencia de xénero.

Mulleres que nos constrúen

Etiquetas :

 

  • O 23 de novembro tivemos a sorte de contar cun obradoiro sobre “Mulleres que nos constrúen” levado a cabo por Tarabela Creativa, no que o alumnado fixo de xornalista por un día e investigou sobre mulleres que coñecen na súa contorna sobre a vida, dificultades, traballos, etc... Cal é a historia das mulleres na nosa familia? Ó día seguinte fixeron unha bonita exposición cos resultados.

 

 

Dálle a volta aos micromachismos.

Etiquetas :

 

Durante todo o mes de novembro realizamos actividades relacionadas coa muller e o 25 N; por exemplo un taller de micromachismos con visionado de curtas, debates e exposición no taboleiro de boas prácticas, dándolle a volta a esos micromachismos tan presentes no día a día.

 

 

 

 

A Biblioteca tinguiuse de cor violeta, e fixemos unha pequena exposición permanente con lecturas moi recomendables sobre o tema do feminismo e a violencia de xénero.

 

 

 

 

Outubro no cole

Etiquetas :

 

Ao longo do mes de outubro, e coa colaboración do departamento de Lingua Galega, puxemos en marcha un concurso de contos e microrrelatos de medo en galego que se premiarán na xornada do Samaín. Ademaís dende os departamentos de linguas estranxeiras amosáronse no taboleiro as contribucións voluntarias do alumnado de ESO en inglés e francés.

 

 

 

 

Xa a finais do mes, tivo lugar a esperada xornada da “Tardiña entre libros”, que se leva facendo no cole dende hai unhos anos, e na que toda a comunidade educativa participamos. Fixemos unha selección de lecturas con temática de medo e misterio para por a disposición do alumnado como adianto ao Samaín, así como diferentes xogos educativos, e decorouse a Biblio que metía medo!

 

 

 

Ao rematar as clases do día 27 organizouse unha saída a Folgoso para encontrarnos con o marabilloso escultor e poeta Urbano Arza, quen nos amosou e nos explicou amablemente o seu arte na Maderoteca, que respira vida e boa enerxía. Á volta ao cole desfrutamos dunha observación de estrelas, ata puidemos ver os aneis de Saturno! :D

 

 

Ó día seguinte celebramos o Samaín e o Magosto, con o tradicional asado de castañas a cargo dos alumnos de 4º de ESO e moitas máis actividades: a entrega de premios ás persoas gañadoras (¡noraboa a tod@s!) do concurso de relatos, un contacontos para os peques e un concerto do xenial Sr Patajullo e o seu espectáculo con instrumentos musicales “Barullo”, ao que tamén asistiron as familias.

 

 

 

Coñecemos a Oliver Laxe e vimos O que arde!

O pasado xoves 17 de outubro, as nenas e nenos da ESO viaxamos a Lugo ao cine. Vimos a película O que arde de Oliver Laxe e puidemos falar con el. Comentounos a súa idea á hora de realizar o filme e respondeu a todas as preguntas que se lle formularon. Mesmo sacamos unha foto con el!

Foi bonito xuntarse os coles da montaña pra ver un filme que fala do noso rural!

Actividade de Ciencias Sociais

Este curso o alumnado de 1º da ESO informa ó profesorado...

 

 

 

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design