Ao longo do mes de outubro, e coa colaboración do departamento de Lingua Galega, puxemos en marcha un concurso de contos e microrrelatos de medo en galego que se premiarán na xornada do Samaín. Ademaís dende os departamentos de linguas estranxeiras amosáronse no taboleiro as contribucións voluntarias do alumnado de ESO en inglés e francés.
Xa a finais do mes, tivo lugar a esperada xornada da “Tardiña entre libros”, que se leva facendo no cole dende hai unhos anos, e na que toda a comunidade educativa participamos. Fixemos unha selección de lecturas con temática de medo e misterio para por a disposición do alumnado como adianto ao Samaín, así como diferentes xogos educativos, e decorouse a Biblio que metía medo!
Ao rematar as clases do día 27 organizouse unha saída a Folgoso para encontrarnos con o marabilloso escultor e poeta Urbano Arza, quen nos amosou e nos explicou amablemente o seu arte na Maderoteca, que respira vida e boa enerxía. Á volta ao cole desfrutamos dunha observación de estrelas, ata puidemos ver os aneis de Saturno! :D
Ó día seguinte celebramos o Samaín e o Magosto, con o tradicional asado de castañas a cargo dos alumnos de 4º de ESO e moitas máis actividades: a entrega de premios ás persoas gañadoras (¡noraboa a tod@s!) do concurso de relatos, un contacontos para os peques e un concerto do xenial Sr Patajullo e o seu espectáculo con instrumentos musicales “Barullo”, ao que tamén asistiron as familias.