Inspección do río-Proxecto Ríos 2020/2021

Etiquetas :

O pasado luns, @s nen@s e os profes do cole, participamos na limpeza do río. Unha actividade que vimos facendo dende fai anos e coa que poñemos o noso graniño de area para mellorar a nosa contorna.

Ademais, ó día seguinte, @s nen@s do 2º grupo de Primaria, realizaron a inspección anual do río Lor, analizando as súas características biolóxicas e físico-químicas.

Estas actividades enmárcanse dentro do Proxecto Ríos e do proxecto Voz Natura do noso centro escolar.

Deixámosvos algunhas fotos!

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design