VISITA AOS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE LUGO

        Hoxe, visitamos conxuntamente co CPI de Pedrafita do Cebreiro algún dos centros de Lugo que imparten ensinanzas de Formación Profesional, concretamente:
  • CIFP As Mercedes, neste centro integrado de formación profesional impártense as familias profesionais de “Enerxía e Auga”, “Transporte e Mantemento de Vehículos”, “Instalación e mantemento”; e “Comercio e Marketing” .
  • CIFP Politécnico,  impártense as familias profesionais de “ Edificación e Obra Civil”, “Electricidade e Electrónica”, “Fabricación Mecánica”, “Sanidade”, “Madeira, Moble e Cortiza”; e “Servizos socioculturais e a comunidade”.
  • IES Muralla Romana, neste instituto de secundaria, ademais de impartir a ESO e o Bacharelato, teñen ciclos formativos das seguintes familias profesionais: “Administración e Xestión”, “Imaxe Persoal” e “ Informática e comunicacións”·

         Queremos agradecer a boa acollida e trato que tivemos nesta visita,  nos que tanto os equipos directivos, como as orientadoras e o profesorado dos centros sinalados, nos ofreceron unha visión máis ampla do que é a Formación Profesional (FP), da das vías de acceso a FP, dos distintos réximes que existen, é dicir, a FP pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo– ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia, da FP Dual,  os programas de mobilidade dentro da FP (Erasmus, Leonardo …. ) e as convalidacións entre CF de Grado Superior e a Universidade.

         Ademais en cada un dos centros puidemos ver como son os talleres, as clases … onde se imparten as distintas familias profesionais  e coñecer un pouco máis do que se aprende nos distintos ciclos formativos.

         Así mesmo, puidemos resolver algunhas dubidas que tiñamos acerca destas ensinanzas e pensar en cal que queremos que sexa o noso itinerario formativo.

                Aquí queda un pequeno resumo en imaxes …. 

 
 
 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design