Hoxe, martes 4 de abril do 2017, comezou a súa andaina a Escola de Pais e Nais do noso centro, o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel, cun Obradoiro sobre “Resolución de conflitos e xestión emocional no ámbito familiar”, para elo contamos coa presenza de Dª Daniel Novoa, docente na Escola de Maxisterio CEU de Vigo, terapeuta no Gabinete de psicoloxía Ítaca e especialista e formador no ámbito da Intelixencia Emocional.
O Obradoiro dividiuse en tres subgrupos para poder atender mellor ás familias dos nosos/as alumnos e alumnas, xa que as necesidades e características dos nenos/as e rapaces e rapazas son distintas segundo o momento evolutivo no que se atopan. Deste xeito atendéronse as familias do alumnado da etapa de educación infantil, aos da etapa de educación primaria e por último aos da etapa de secundaria.
Durante a realización do mesmo abordáronse temas relacionados coa xestión do comportamento na casa tales como as rabechas no caso dos máis pequenos e pequenas, a asunción de responsabilidade no fogar, a xestión dos premios e castigos, as emocións dos nosos/as fillos/as, …, as habilidades sociais, a empatía, a asertividade, a autoestima, a motivación, a comprensión emocional … Con todo elo buscou acercar aos pais e nais ao concepto de Intelixencia Emocional, entendida esta, como a capacidade que ten unha persoa de manexar, entender, seleccionar e traballar as súas emocións e as dos as dos demais con eficiencia e xerando resultados positivos. É dicir, é a habilidade para xestionar ben as emocións. Tanto as nosas como as dos demais.
As familias aproveitaron para formular as súas dúbidas, inquedanzas … en un ambiente distendido e de confianza fóronse resolvendo.
Ao final o tempo chegou a pouco e as familias manifestaron que lles gustaría que o obradoiro durase máis ou que viñese en máis ocasións. Resultou ser unha actividade enriquecedora para todos e todas, que esperamos que teña continuidade.
Aquí déixovos un pequeno resumen en imaxes …