Un curso máis o noso centro educativo, contou cunha das charlas que se enmarca dentro do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas", que buscan a construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc. Para iso estas charlas informativas e formativas son impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Hoxe, xoves 26 de xaneiro, contamos no centro coa visita de Ramón Pena, encargado de ofrecer aos nosos alumnos e alumnas unha charla sobre "acoso escolar". Á que acudiron o noso alumnado da ESO, nela aproveitamos para participar, aclarar dúbidas e formarnos.
A experiencia foi moi positiva para todo o alumnado que acudiu.
Aquí podemos ver un pequeno resumo en imaxes.