Obradoiro Queróte+

   Hoxe, martes 17 de xaneiro, contamos no noso cole con Xosé, que traballa no centro “Quérote+” de Lugo, estos centros dependentes da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, prestan un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que poden aportar un maior entendemento social e facilitar o crecemento persoal das nosas mozas e mozos. 

    Nesta ocasión, Xosé,  traballou coas alumnas e cos alumnos diversos conceptos relacionados coa sexualidade, afectividade e como dende os medios de comunicación social, a sociedade en xeral … transmítesenos  determinados estereotipos de xénero, canons de beleza … e como iso inflúe no noso xeito de relacionarnos cos demais e aceptarnos a nos mesmos.  

   Os alumnos e as alumnas participaron activamente neste Obradoiro, respondendo as preguntas que se lle formulaban e reflexionando sobre as dúbidas que foron xurdindo ao longo da actividade. 

 

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design