Entrega de premios da Biblioteca...

Este venres 17 de xullo tivo lugar a entrega de premios da Biblioteca a aqueles alumnos/as que conseguiron máis puntos no seu Bibliopassport (especie de carnet de puntos que se conseguían participando nas actividades que se programaban desde a Biblioteca). Para entregar os premios tivemos a sorte de contar no noso cole cunha xoven promesa do fútbol, Ramón Rodríguez Vázquez, porteiro do Deportivo de A Coruña (xuvenís). El, xunto cos nosos axudantes da biblioteca Arnau e Sandra, foron os encargados de entregar os premios. En Infantil todos os alumnos/as recibiron un premio polo seu esforzo e colaboración coa Biblioteca. En Primaria, o primeiro premio foi para Sabela (3º Primaria) e o segundo compartírono Candela e Arnau (4º e 6º curso respectivamente); en Secundaria o primeiro premio, e moi merecido, foi para Paula (3º ESO) e o segundo tamén o compartiron tres alumnas de 4º ESO: Amanda, María e Sandra V. Pero tamén houbo premios para aqueles alumnos/as que obtiveron no Bibliopassport máis de 9 puntos (como Tegra, alumna de Primaria, e Lucas, alumno de Secundaria)... Ademais, todos/as os alumnos/as recibiron un fermoso agasallo como agradacemento pola boa disposición que sempre amosaron á hora de realizar as actividades que se realizaron desde a Biblioteca.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design