O pasado 27 de maio saimos o alumnado de 4º e 6º de Primaria aos ríos Lor e Selmo para facer as inspeccións dos ríos.
Alí tomamos os datos físico-químicos e tamén analizamos os macroinvertebrados que existen na auga do río, indicadores da súa calidade.
Por outra banda, e aproveitando a nova creación na Serra do Courel das Microrreservas de Orquídeas, quixemos coñecer esta familia de plantas e comezar a realizar un estudo científico que durará 4 anos.
Grazas a Carlos Cortizo, coautor da Guía das orquídeas de Galicia, aprendimos a identificalas. Agora aproveitaremos as saidas do proxecto ríos de vindeiros anos para continuar co noso traballo de investigación nas Microrreservas do Courel.