Hoxe contamos no centro co Xefe do Servizo de Extensión Universitaria, Ricardo Corderí Salgado. Desde xeito tivemos a oportunidade de coñecer máis de preto a Universidade de Vigo a través das charlas que ofertan nos centros de educación.
Os alumnos e alumnas de 3º E 4º da ESO puideron saber:
- Que titulacións teñen nos tres campus da Universidade de Vigo: Pontevedra, Vigo e Ourense.
- O acceso aos estudos universitarios: grao, mestrados e doutoramento.
- Instalacións e servizos da Universidade.
- Becas e mobilidade entre universidades (Erasmus, ISEP …)
- Bolsas, residencias universitarias ….
- Actividades deportivas, solidariedade, centro de linguas, bibliotecas, área de emprego, actividades culturais …
- Etc.
Ademais de resolver as dúbidas que xurdiron durante a charla.
Aquí podedes ver un pequeno resumo en imaxes ...