Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2016.
Os requisitos para acceder as probas son:
Grao medio: Quen non cumpra os requisitos académicos (non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título de formación profesional básica, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso), esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña feitos dezasete anos ou os faga no ano natural de celebración da proba.
Grao superior: Quen non cumpra os requisitos académicos (non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso) esixidos para acceder a ciclos formativos de grao superior e teña feitos dezanove anos ou os faga no ano natural de celebración da proba.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
calendario_probas_acceso_2016.pdf | 142.75 KB |