Para amosar a nosa repulsa á violencia de xénero o martes desta semana (25 novembro) todos os nosos alumnos e alumnas participaron na elaboración do mural "As relacións poden parecer normais... pero os abusos poden agocharse en calquera parte" feito con fotos nas que eles eran os protagonistas... e nas que expresaban o seu rexeitamento a este tipo de violencia:
Os nenos/as de Infantil deixáronnos claro o que está ben ("Asi si") e o que está mal ("Asi non"):
Os alumnos/as de Primaria fixáronse nos distintos roles que a sociedade parece ter reservados aos nenos e ás nenas ("Educamos mal") e piden que a educación sexa igual para todos e todas ("Eduquemos ben"):
E os alumnos de Secundaria, coas fotos que sacaron, crearon as súas propias historias nas que denuncian o maltrato...
Iso si, o mural remata coas fotos de David e Antía de 1º ESO nas que plasman o desexo de que os problemas entre home e muller se resolvan non coa violencia, senon co diálogo, co repeto, coa comprensión...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CIMG4825.JPG | 150.83 KB |
CIMG4818.JPG | 151.51 KB |
CIMG4819.JPG | 148.98 KB |
CIMG4820.JPG | 147.4 KB |
CIMG4821.JPG | 150.12 KB |
CIMG4823.JPG | 148.76 KB |
CIMG4824.JPG | 149.35 KB |
CIMG4822.JPG | 149.11 KB |