Arranca un novo curso!!!

Benvidos!!!

Arranca un novo curso... e xa estamos todos!!!. A semana pasada, o mércores día 10, comezaron os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria e hoxe tocoulle aos de Secundaria.

Co comezo do curso, e antes de que as actividades empecen a encher esta páxina web, dende a Biblioteca, Club de Lectura e Normalización queremos animarvos a todos (alumnos/as, profesores, familias) a participar nas actividades que se vaian realizando ao longo do presente curso académico.

Tamén queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que xenerosamente doaron libros á nosa biblioteca ao longo do curso pasado: alumnos (como Arnau), profesores (como Lourdes), convidados (como Xurxo Mariño), particulares coma Jesús Alfonso Parada Jato (de Meiraos), á gardería Bugs Bunny (de Sarria), á parella formada por María e Roberto (Vigo), á escritora Begoña Ibarrola (que nos fixo chegar dous libros seus dedicados "Chusco, un can vagabundo" e "Crisol e a súa estrela") e moi especialmente ao noso compañeiro Rubén Loureiro que antes de marchar para o seu novo destino deixounos o libro escrito por el "Como elexir a miña profesión" (en galego e en castelán). A todos eles... moitas grazas!!!!!

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design