blogue deadmin

AXUDAS DO CONCELLO

Etiquetas :

No día de onte foron publicadas as axudas para a adquisición de libros e material escolar para os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria e Secundaria, así como para o transporte de estudantes. O prazo de solicitudes remata o 15 de novembro.

Poden acceder a toda a información na seguinte ligazón:

http://folgosodocourel.com/archivos/1399

Na próxima reunión inicial con todas as nais e pais do centro, que terá lugar o martes 19, facilitarémoslles os certificados de matricula requeridos para realizar a solicitude. No caso de que algunha familia non poida acudir, remitirémosllo por outro medio o antes posible.

Reciban un saúdo cordial,

o equipo directivo.

REUNIÓN INICIAL

Etiquetas :

Estimadas familias,

Tal e como xa foi comunicado por outros medios, recordamos que con motivo do comezo do novo curso escolar 23/24 o equipo directivo quere convidar a tódolos pais e nais a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes 19 de setembro ás 18h no colexio para coñecernos e comentar algúns aspectos acerca do desenvolvemento do curso.

Reciban un saúdo cordial,

O equipo directivo.

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design