Curso 2015-2016

Noite entre libros... e entre estrelas!!!!

Despois da sesión de cine esférico e do obradoiro astronáutico, os alumnos/as de 4º e 6º de Primaria e todos/as os da ESO non se foron para as súas casas... A Biblioteca, co apoio dos departamentos de Francés, Inglés, CCNN, CCSS e Pedagoxía Terapéutica, decidimos pasar o resto do día... e da noite... cos nosos alumnos/as no cole!!. Houbo tempo para todo: xogamos, fixemos os deberes, cenamos, observamos as estrelas (nisto temos que agradecer a Carlos a súa amabilidade en vir ata o centro pola noite e explicarnos como localizar, por exemplo, a estrela Polar; tamén nos trouxo un telescopio e puidemos observar a superficie da Lúa. Estivo xenial!! Grazas Carlos!). Despois vimos unha película (con palomitas incluídas) e, tras tanto traxín, fómonos durmir á Biblioteca (ou polo menos iso intentamos!!). A mañá seguinte degustamos un estupendo almorzo e logo, un pouco cansos/as iso si, fómonos directamente para as aulas.

Toda unha experiencia, cremos que boa, esta "Noite entre libros... e entre estrelas!!!. Así o pasamos de ben:

Sesións de cine esférico 360º e obradoiro astronáutico!!

Hoxe os nosos alumnos/as de Infantil, Primaria e Secundaria pasaron unha tarde do máis entretida. Primeiro desfrutaron dunha sesión de cine esférico; para iso improvisouse no polideportivo unha pequena "carpa cineasta". Os alumnos/as de Infantil e 1º, 3º e 4º de Primaria viron a película "Topos ¿Que hay ahí fuera?", e os de ESO "El origen de la vida". Despois, os alumnos/as de 4º e 6º de Primaria e todos os da ESO, participaron nun taller astronáutico.

Ainda que houbo algunha que outra bagoiña por parte dos nosos alumnos/as máis pequenos/as que, ao principio, non querían entrar ao "cine" (sería polo negra e pechada que era a "carpa"?) non dubidamos que, finalmente, tod@s o pasaron moi ben!! E para mostra...

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2015-16

Etiquetas :

Segundo a instrucción 1/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, de 1 de xuño, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa para o curso 2015/16, os alumnos e alumnas que queiran usar o servizo de comedor escolar durante o vindeiro curso  teñen que entregar no centro o documento de Autobaremación a máis tardar o día 15 de setembro. De non entregalo, entenderase que se renuncia o uso do comedor escolar.

Lista PROVISIONAL de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto 2015-2016

Aquí tedes as listas provisionais de admitidos e excluídos publicadas pola consellería de educación, lembrade que son provisionais, as definitivas publicaranse o 15 de xullo.

 

Lista admitidos provisional primaria Lista admitidos provisional secundaria
Lista excluídos provisional primaria Non hai excluídos en secundaria

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016

Listado de Libros de Texto e material didáctico impreso para o curso 2015-2016

PRIMARIA SECUNDARIA

1

2

3

4

5

6

1

2

AXUDAS E FONDOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016

AXUDAS LIBROS DE TEXTO FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria

1º e 3º de educación secundaria obrigatoria

  INFORMACIÓN

 

3º e 5º de educación primaria

2º e 4º de educación secundaria obrigatoria

  INFORMACIÓN

 

 Máis información

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design