Actividades

A Mochila Viaxeira

 

A Mochila viaxeira de Infantil, Primaria e Secundaria, cargadiña de libros e bos desexos coma todos os anos, comezou hoxe a súa "viaxe" acompañando aos nosos alumnos e alumnas ata as súas casas.

Durante as próximas dúas semanas a Mochila visitará os fogares de:

Tegra (Infantil 5 anos)

 

Pablo (2º Primaria)

Antía (1º ESO)

 

Ademáis Tegra (Infantil 5 anos) explicoulles aos seus compañeiros, sobre todo aos máis pequenos e recén chegados Pablo, Irene e Adriana, que era iso da Mochila Viaxeira. Así de entusiasmada estaba Tegra explicando...

E por certo... explicou moi moi ben!!!!

 

"Unha Noite entre Libros"

 ... Toda unha experiencia!!!

A noite do xoves ao venres desta semana pasámola... na Biblioteca do noso cole!!. O xoves pola tarde os alumnos/as de Secundaria e 4º, 5º e 6º de Primaria xa non colleron o autobús das 16:30 que os levaban ás súas casas... decidiron pasar unha noite entre libros e quedar no centro. Xogamos, merendamos, fixemos os deberes, vimos unha película (con palomitas incluido), cenamos, realizamos distintas actividades, contamos contos arredor dunha "fogata" que fixemos na biblioteca... e dormimos (ainda que non moito!). A mañá seguinte degustamos un estupendo almorzo e logo, un pouco cansos iso si, fómonos directamente para as aulas.

Unha novidade e unha boa experiencia que disfrutamos todos os que nos quedamos esa noite a dormir na Biblioteca!

Arranca un novo curso!!!

Benvidos!!!

Arranca un novo curso... e xa estamos todos!!!. A semana pasada, o mércores día 10, comezaron os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria e hoxe tocoulle aos de Secundaria.

Co comezo do curso, e antes de que as actividades empecen a encher esta páxina web, dende a Biblioteca, Club de Lectura e Normalización queremos animarvos a todos (alumnos/as, profesores, familias) a participar nas actividades que se vaian realizando ao longo do presente curso académico.

Tamén queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que xenerosamente doaron libros á nosa biblioteca ao longo do curso pasado: alumnos (como Arnau), profesores (como Lourdes), convidados (como Xurxo Mariño), particulares coma Jesús Alfonso Parada Jato (de Meiraos), á gardería Bugs Bunny (de Sarria), á parella formada por María e Roberto (Vigo), á escritora Begoña Ibarrola (que nos fixo chegar dous libros seus dedicados "Chusco, un can vagabundo" e "Crisol e a súa estrela") e moi especialmente ao noso compañeiro Rubén Loureiro que antes de marchar para o seu novo destino deixounos o libro escrito por el "Como elexir a miña profesión" (en galego e en castelán). A todos eles... moitas grazas!!!!!

Mochila Viaxeira

Chegamos ao remate das clases e a Mochila viaxeira que leva rulando dende outubro polos fogares dos nosos alumn@s, baléirase de libros e descansa... pero só ata o próximo curso!!.

Pablo e Lara foron os últimos en disfrutar da Mochila. Moi bos alumn@s os dous xa rematan a ESO e deixan o cole para seguir os seus estudos de bacharelato en Lugo. Desde aquí desexámoslles o mellor; botarémolos moito de menos... Esperamos que non esquezan que poden vir pola biblioteca (e polo cole) cando queiran. Moita sorte aos dous!!!!

 

 

Nas últimas semanas a Mochila tamén visitou os fogares de: 

Antía (6º Primaria):

 

Iván (3º ESO)

 

 

Samuel (3º ESO):

 

Alba (3º ESO)

Mercadiño da Revista

Esta última semana de curso aproveitámola para facer a actividade o "Mercadiño da Revista" cos números atrasados das revistas que había na biblioteca (Natura, Muy Interesante). Os alumnos/as podían escoller algún ou algúns exemplares e levalos para ler... sen necesidade de devolvelos!!. Moitos foron os rapaces e rapazas dos distintos cursos que se acercaron ao Mercadiño e levaron revistas para a súa casa!!!

 

Parolando de ciencia con Jorge Mira

Este xoves 29 de maio tivemos a sorte de disfrutar da compañía do físico, investigador e divulgador científico Jorge Mira Pérez, profesor na Facultade de Física da USC, Director do Departamento de Física Aplicada, Catedrático de Electromagnetismo e responsable do Programa ConCiencia. Persoeiro do máis campechano, chegou para comer con nos; pola tarde, ofreceu unha charla aos alumnos/as da ESO e 5º e 6º de Primaria... probablemente, poucas veces daría unha conferencia nun ambiente tan familiar coma o que aquí se atopou!. Falounos do seu libro "A ciencia no punto de mira" abordanto cuestións científicas tan variadas como a evolución das especies, a aparición dos órganos sexuais nos mamíferos, a reprodución, a anorexia, quedounos clara a sú postura contra o rasurado do bello púbico (práctica que favorece a transmisión do virus do papiloma humano que causa o cancro cervical); tamén nos falou dos premios Ig-Nobel... e ramatou calculando a temperatura do ceo e do inferno!!

Jorge Mira constitúe o broche de ouro a unha serie de actividades que se veñen realizando dende a Biblioteca e Normalización con motivo do "Ano da Ciencia". O noso convidado nunca estivera por estas terras pero marchou namorado delas, desta Serra do Courel... e iso que a climatoloxía non acompañaba, con néboa e chuvia!!. Terá que voltar de novo, esta vez con bo tempo, para poder disfrutar mellor da fermosura desta paisaxe!!!

Grazas Jorge Mira pola túa visita!!!

 

 

Dedicatoria que nos escribiu no seu libro "A ciencia no punto de mira":

Gañadores da Olimpíada do Saber

Xa temos aos gañadores da Olimpíada do Saber!!!!!... En Primaria gañou Dani (2º curso) e en Secundaria Pablo (4º ESO). O premio???... dous estupendos libros de ciencia: "Mi primer Larousse de los ¿Por qué?" para Dani, e o libro de Jorge Mira "A ciencia no punto de mira" para Pablo. Parabéns... e que disfrutedes léndoos!!

Celebrando o Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro (do 22 ao 30 de abril) levárnonse a cabo disintas actividades propostas pola Biblioteca, Club de Lectura e Normalización:

Durante a semana os alumn@s buscaron información sobre distintos científic@s galeg@s en activo e realizaron o mural "Os nosos científicos", entre eles: Elvira Sahuquillo, Jorge Mira, Xurxo Mariño, Ángel Carracedo, José Vicente López Bao...

 

O mércores 23 , durante o recreo, os alumn@s máis pequenos (Infantil e primeiro ciclo de Primaria) contaron un conto aos alumn@ de Secundaria. Nestes "encontros" intercambiábanse uns marcapáxinas. O lugar: calquera lugar do centro é bo para contar e escoitar unha boa historia!!... Así de animados estaban os nosos alumn@s hoxe:

Sesión de cine na Biblioteca

 

 

 

 

A Mochila Viaxeira

Nos meses de marzo e abril a Mochila viaxeira visitou os fogares de:

En marzo:

Na primeira quincena:

Lluís (2º ESO)

 

Kepa (4º Primaria)

 

Na segunda quincena:

María Locay (2º ESO)

 

Súa (4º Primaria)

 

En abril:

Sandra Vilariño (2º ES)

 

Aranu (4º Primaria)

 

Adrián (5º Primaria)

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design