Curso 2014-2015

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN DO CURSO 2014 -2015

Na seguinte presentación podedes seguir os "nosos pasos" na excursión que fixemos a Lugo, coas nenas e nenos de primaria do noso cole, o tamén as nenas e nenos do CPI de Pedrafita. Vimos unha peli no cine de As Termas, e comimos todos xuntos no Mcdonalds.

 

 

PLANTAMOS E REUTILIZAMOS

Ao longo de este curso, participamos no Proxecto Voz Natura, así que entre outras moitas cousas aquí vos enseñamos o que levamos feito.

Plantamos unha horta, onde polo de agora só temos allos.

Pedimos ás nosas familias que nos mandasen sementes de árbores autóctonas (carballo, castiñeiro, érbedo, abeleira...) e tamén envases de refugallo para plantar esas especies.

Aquí tendes o resultado!!!!!

 

Making - of panxoliña de primaria

En este vídeo enseñávosvos o moito que ensaiamos para o festival de Nadal, e tamén os traballos que fixemos para a clase de música.

 

Así ensaiamos en infantil!!!!!

Aquí podedes ver o "making-of" da nosa panxoliña de Nadal, o moito que ensaiamos e traballamos para o festival de Nadal.

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2014

Etiquetas :

Aquí temos o video do noso Festival de Nadal, esperamos que poidades apreciar toda a ilusión e esforzo posto nesta actividade de todo o centro.

Felices festas e mellor 2015

 

A Mochila Viaxeira

A Mochila Viaxeira pasará estas vacacións nas casas de Sandra L., Candela e Ariadna. Disfrutade dela... e do Natal!!

Bo Natal e feliz 2015!!!

Ariadna (Infantil):

Candela (3º Primaria):

Sandra L. (2º ESO):

Visita dos Caspervek

O pasado martes 16 de decembro visitounos o trío Caspervek, para darnos un concerto en directo mentres musicalizaban a largometraxe As aventuras do Príncipe Ashmed.

Desfrutamos do concerto todo o alumnado do colexio.

Moitas grazas a Caspervek polo concerto!!

Memorias do Souto

Etiquetas :

Queremos compartir con todos vós o resultado do traballo dos nosos alumnos de ESO durante o curso pasado como parte do proxecto Cinema en curso.
Dirixidos polo profesor Pablo Sánchez levaron a cabo unha serie de gravacións que hoxe teñen como final este documental Memorias do Souto.
Esperámosvos a todos o sábado 6 de decembro ás seis da tarde na casa do Concello de Folgoso do Courel.
Pronto estará dispoñible tamén na web.
O noso agradecemento a todas as persoas que o fixeron posible.

Deixamos aquí a pequena reportaxe radiofónica que nos fixeron no programa Galicia por diante da radio galega con motivo desta estrea mundial.

A Mochila Viaxeira

A Mochila Viaxeira da nosa Biblioteca segue rula que rula, viaxa que viaxa.... que fogares visitará os próximos días???

Ainoa (Infantil):

Sabela (2º Primaria):

Paula (2º ESO):

 

Tod@s contra a Violencia de xénero

Para amosar a nosa repulsa á violencia de xénero o martes desta semana (25 novembro) todos os nosos alumnos e alumnas participaron na elaboración do mural "As relacións poden parecer normais... pero os abusos poden agocharse en calquera parte" feito con fotos nas que eles eran os protagonistas... e nas que expresaban o seu rexeitamento a este tipo de violencia:

Os nenos/as de Infantil deixáronnos claro o que está ben ("Asi si") e o que está mal ("Asi non"):

Os alumnos/as de Primaria fixáronse nos distintos roles que a sociedade parece ter reservados aos nenos e ás nenas ("Educamos mal") e piden que a educación sexa igual para todos e todas ("Eduquemos ben"):

E os alumnos de Secundaria, coas fotos que sacaron, crearon as súas propias historias nas que denuncian o maltrato...

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design