Actividades

A Mochila Viaxeira

Despois dalgúns problemiñas coa neve e coas gripes as mochilas viaxeiras de Infantil, Primaria e Secundaria xa están pasando estes días nos fogares de:

Adriana (Infantil)

 

Daniel (3º Primaria)

 

Amanda (3º ESO)

 

 

A Mochila Viaxeira

A Mochila Viaxeira pasará estas vacacións nas casas de Sandra L., Candela e Ariadna. Disfrutade dela... e do Natal!!

Bo Natal e feliz 2015!!!

Ariadna (Infantil):

Candela (3º Primaria):

Sandra L. (2º ESO):

A Mochila Viaxeira

A Mochila Viaxeira da nosa Biblioteca segue rula que rula, viaxa que viaxa.... que fogares visitará os próximos días???

Ainoa (Infantil):

Sabela (2º Primaria):

Paula (2º ESO):

 

Tod@s contra a Violencia de xénero

Para amosar a nosa repulsa á violencia de xénero o martes desta semana (25 novembro) todos os nosos alumnos e alumnas participaron na elaboración do mural "As relacións poden parecer normais... pero os abusos poden agocharse en calquera parte" feito con fotos nas que eles eran os protagonistas... e nas que expresaban o seu rexeitamento a este tipo de violencia:

Os nenos/as de Infantil deixáronnos claro o que está ben ("Asi si") e o que está mal ("Asi non"):

Os alumnos/as de Primaria fixáronse nos distintos roles que a sociedade parece ter reservados aos nenos e ás nenas ("Educamos mal") e piden que a educación sexa igual para todos e todas ("Eduquemos ben"):

E os alumnos de Secundaria, coas fotos que sacaron, crearon as súas propias historias nas que denuncian o maltrato...

Hoxe celebramos o Día dos Dereitos do Neno

Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día dos Dereitos do Neno/a, e para iso decoramos a columna da entrada cunhas mans brancas que durante toda a semana estiveron facendo os nosos alumnos e alumnas de Infantil, Primaria e ESO e nas que se escribiron os dereitos que todo neno/a ten que ter:

Para explicar en que consisten estes dereitos tamén fixemos un mural non que Mafalda nos conta quen os creou e cando:

A Mochila Viaxeira

A Mochila viaxeira pasará as próximas dúas semanas nos fogares de Victoria, Brais e Víctor.

Que disfrutes en familia lendo os libros e vendo os DVDs que leva dentro!!!

Victoria (Ed. Infantil):

Brais (2º Ed. Primaria):

Víctor (2º ESO):

 

Festa da Castaña 2014

Este fin de semana celebrouse en Folgoso a Festa da Castaña. Coma todos os anos os alumnos e alumnas da ESO colocaron un posto con moita variedade de produtos (comida -doces, empanadas, bolos preñados etc.- camisetas, paraugas...) para recaudar fondos para a excursión de fin de curso. A pesar de que o tempo non acompañou moito a venda non se deu nada mal!!!:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpipoetauxionovoneyra/?q=system/files/CIMG4712

 

Celebrando o Magosto...!!!

Despois das sesións de contos de medo da mañá na Biblioteca, o xoves 30 de outubro pola tarde celebramos o magosto. Pero antes de comer as castañas escoitamos un novo conto de medo, "O Noso Conto de Medo", elaborado por todos os alumnos do Centro e que empezaran a escribir os nenos/as de Infantil xa a principios de outubro e despois continuaron os alumnos/as de Primaria e finalmente os de Secundaria. Samuel e Iván, alumnos de 4º ESO, foron os encargados de contarnos este conto, pero dun xeito orixinal, a modo de Cantar de Cegos, recordando como os cegos, hai moitos moitos anos cando non había nin televisión nin móbil, levaban as noticias ás distintas aldeas acompañados dun lazarillo (chamado o "moinante") que lle axudaba e guiaba.

Antía, David e Alba presentando o "Noso Conto de Medo":

Samuel e Iván, o cego e o moinante, en plena actuación... Que ben o fixeron!!!

Así de atentos estabamos tod@s:

Celebrando o Samaín...!!!

Para celebrar o Samaín (xoves 30 de outubro) transformamos a Biblioteca nunha aula de Terror decorándoa dun xeito realmente terrorífico e á que non lle faltaba detalle (teas de araña, esqueletes, pantasmas, gatos negros...):

                                     

Pola mañá os alumnos/as acudiron, por grupos, ata esta "aula do Terror" para escoitar contos de medo... e tamén para contalos!! Alumnos /as da ESO contando estos contos aos seus compañeiros/as de Primaria e Infantil:

E estes son os nosos estupendos alumnos/as contacontos... que ben o fixeron!!

 

A Mochila Viaxeira

A Mochila Viaxeira do noso Cole segue rulando cara os fogares dos nosos alumnos e alumnas. As dúas próximas semanas acompañará a:

Erea (Ed. Infantil):

 

Sergio (2º Primaria):

 

David (1º ESO):

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design