Curso 2014-2015

A Mochila Viaxeira

 

A  Mochila Viaxeira segue rula que rula polos fogares dos nosos alumnos e alumnas. As próximas dúas semanas acompañará ata as súas casas a Adrián e Sandra Vilariño:

Adrián (6º Primaria):

Sandra Vilariño (3º ESO):

HORTO ESCOLAR

O pasado mércores 11 de marzo, os alumnos e alumnas de Primaria estiveron facendo unha plantación de cebolas dentro do programa do "Horto Escolar".

Nesta ocasión, tiveron a oportunidade de face-la plantación mediante as propias sementes, bulbos e o trasplante da planta. Aquí vos deixo algunhas das fotos destes xóvenes agricultores.

 

 

    

 

Días de lobos (5 e 6 de marzo)

Dende principio de curso estamos levando a cabo un proxecto entre centros da montaña lucense arredor da figura do lobo ibérico. Este proxecto foi premiado pola Fundación Barrié para ser levado a cabo.

O proxecto abarca todos os niveis educativos de distintos xeitos.

GRAZAS PAPÁS E MAMÁS!!!!

Queremos dar as grazas as mamás e papás por vir axudarnos a converter o noso hall de entrada nun auténtico "hábitat lobero".

Os que non poidéchedes vir nesta ocasión, non vos preocupedes....haberá máis!!!!!!!!

E a todas e todos outra vez moitas grazas, por participar e vir sempre que se vos pide axuda e colaboración.

 

MEDIMOS PEGADAS

Continuámos coas nosas pesquisas e investigacións sobre o lobo.

Atopamos información sobre o tamaño das súas pegadas, que depende do tamaño e idade do animal, estando sobre os 52,07 cm de largo e os 39,37 de ancho nun lobo adulto.

Así que nós pintamos mans e pés, medimos  e  sacamos as nosas conclusións:

  • As nosas pegadas son máis pequenas.
  • Tamén dependerán do noso tamaño e peso.
  • Cando calcamos con máis forza a pegada queda máis marcada, probamos no areeiro coas nosas mans.

Na seguinte presentación podedes ver todo o desenvolvemento da actividade.

UNHA ESTUPENDA VISITA!!!!!

O xoves pasado estiveron no noso cole José Vicente López Bao e Andoni Canela.
Contáronnos un montón de cousas que non sabiamos sobre o lobo, e contestaron con moito humor e amabilidade "toooodas"!!!! as nosas  preguntas e dúbidas.
Encantounos coñecervos persoalmente e esperamos que nos volvades visitar moi pronto.

Moitas grazas e un grande "AAAAAUUUUUUUUUUUU" dende o Courel para vós.

E GRAVAMOS UN VIDEO!!!!

Hoxe foi un día moi especial!!!!!

Xunto cos novos amigos e amigas de Cervantes, estivemos gravando o vídeo da nosa canción sobre o lobo.

Pasámolo xenial e foi unha experiencia moi divertida. Xa estamos desexando ver como quedou.

Aquí tedes fotos dalgúns dos momentos da gravación.


ADIVIÑADE: Pesaremos máis ou menos cun lobo do Courel???

Seguimos nas nosas investigacións sobre os lobos.

Hoxe tocounos coñecer o que pesan de media, pero para ter unha referencia, necesitabamos saber canto pesamos nós, e así poder comparar.

Aquí tedes os resultados.

OBRADOIROS DE ARTESANÍA

Obradoiros de artesanía é unha actividade organizada en colaboración coa ANPA, coa finalidade de achegar o traballo artesán aos rapaces da man dos artesáns caurelaos. De estes obradoiros nacerán futuras actividades extraescolares da ANPA para os rapaces, que xa saberán cal é a que máis lles gusta.

 

Nesta ocasión coñeceron o traballo de CESTERÍA da man de Javier, que lles explicou que materiais se empregan e como se fai.

Podedes ver o entretidos que estiveron. Máis de un xa preguntou cando volve!

                              

              

Esos gaiteiros do Courel!!!!!

Con un pouquiño de retraso colgo algunhas fotos dos nosos ensaios gaiteiros.

Foi un luxo tocar ou "executar" (xa me entendedes) con semellantes artistazos!!!!!!

Pasámolo xenial e as nenas e nenos moito mellor, así que obxectivo acadado.

E xa sabedes esto non queda aquí...... non digo máis pero haberá sorpresas!!!

      

     

 

 

          

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design