Actividades

Día Internacional dos Dereitos do Nen@

Así celebramos o Día Internacional dos Dereitos do Nen@ (20 novembro). Durante toda a semana os alumnos/as buscaron información sobre como viven noutros países nenos e nenas da súa mesma idade. Chegaron a unha conclusión que non lles gustou nada xa que se deron conta de que no mundo hai millóns de nenos/as que non teñen tanta sorte coma eles e que sofren toda clase de abusos e explotacións: desde o traballo infantil nas minas (de carbón en Colombia, ou nas de coltan no Congo, por exemplo), ou nas fábricas (de ladrillo de Camboxa, ou na industria da seda na India...) ata a súa utilización como nenos soldados en países como Serra Leoa ou na prostitución (como sucede en moitos países latinoamericanos e asiáticos). E iso sen contar o drama dos nen@s refuxiados (como os de Siria), ou das nenas noivas como en Paquistán, ou a mutilación xenital (ablación) que se practica en moitos países de África... De aí que fixeramos, coa información recollida, o mural "Defendamos os seus dereitos".

E así explicaban os nosos alumn@s como viven os seus dereitos os nenos e as nenas noutros países:

 

"Viña do alén", de Anxel Fole... e Magosto!

Hoxe foi un día completísimo!. Pola mañá, tod@s puidemos desfrutar da charla "Especies invasoras", organizada polo departamento de Bioloxía e dada polo profesor da Universidade de A Coruña Sergio Rodríguez. Pola tarde, primeiro, os alumnos/as de ESO fixéronnos pasar un ratiño do máis agradable, ainda que con algo de "medo", escenificando a obra de Ánxel Fole "Viña do alén"... Que ben o fixeron!!!... ata os alumnos/as de Infantil pedían que repetiran dicindo "outra vez, outra". 

E despois... Magosto!! Que ricas estaban as castañas que Estrella e Mª Carmen Raposo asaron nos bombos!.

Así de ben o pasamos:

Contos de medo (e outras cousas) para celebrar o Samaín...

Hoxe na Biblioteca tivemos sesións de contos de medo!!!... e contados polos mellores contacontos que puidemos atopar: os nosos/as alumnos/as. O motivo: celebrar o Samaín. Pola mañá, Antía e Rebeca (de 2º ESO), contaron aos alumnos/as de Infantil e Primaria o "Noso conto de medo" (elaborado o curso pasado por todo o alumnado), Pola tarde, Candela, Uxía e Daniel (4º de Primaria) e Arnau (6º de Primaria) tamén se atreveron a contar dous contos aos máis cativos. Tod@s o fixeron xenial!!!... e tod@s desfrutamos moito escoitándoos!. Pero temos que dicir que, no noso cole, non só hoxe celebramos o Samaín; xa desde a semana pasada vimos realizando actividades: ademáis do halloween en Inglés (que o pasamos de "medo"), fixemos un mural con libros de temática de terror ("a ver quen se atreve a lelos"!) e tod@s, profesores e alumn@s, estivemos moi atarefados decorando as portas das aulas (con temática de terror, por suposto!). E mañá magosto e sesión de teatro cos alumnos/as da ESO.

Aquí vos deixamos estes dous vídeos para que comprobedes o ben que o pasamos preparando o Samaín e contando contos de medo.

Preparando o Samaín:

 

Contando contos de medo:

A Mochila Viaxeira comeza a súa andaina!!

Hoxe, por fin!, a Mochila Viaxeira de Infantil, Primaria e Secundaria, cargadiña de libros e bos desexos coma todos os anos, comezou a súa "viaxe" acompañando aos nosos alumnos e alumnas ata as súas casas.

Durante as dúas próximas semanas a Mochila visitará os fogares de Ariadna, Ainoa e Adrián. Que desfrutedes en familia lendo os libros e vendo os DVDs que leva dentro!!

Ariadna (Ed. Infantil):

Ainoa (1º curso, Ed. Primaria):

Adrián (1º ESO):

Ademais, Ariadna explicoulles aos seus compañeiros de Ed. Infantil, sobre todo ás máis pequenas e recén chegadas Clara, Lucía, Zeltia e Zoé, que é iso da Mochila Viaxeira. E así de ben o explicaba:

24 de outubro, Día da Biblioteca

Desde 1997, cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca (pública, nacional, escolar, universitaria...). O lema da Biblioteca escolar para este curso é "Biblioteca escolar, base de exploracións". Pero este ano o 24 de outubro foi sábado, así que foi hoxe, luns, cando no noso centro dedicamos un momentiño a recordar este día. Para iso, durante a hora de ler, explicamos aos alumnos/as de Primaria por que se celebra o Día da Biblioteca cada 24 de outubro e tamén comentamos o cartel e o lema deste curso. Así de atentos/as e participativos/as estaban os nosos alumnos/as:

Atentos/as á explicación do que pasou na Biblioteca de Saraxevo no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns:

                           

 Comentando animadamente o cartel e o lema da Biblioteca escolar deste curso:

                           

 

E se non damos sinalado algo... sempre temos a un bo compañeiro disposto a axudarnos!!:

Noite entre libros... e entre estrelas!!!!

Despois da sesión de cine esférico e do obradoiro astronáutico, os alumnos/as de 4º e 6º de Primaria e todos/as os da ESO non se foron para as súas casas... A Biblioteca, co apoio dos departamentos de Francés, Inglés, CCNN, CCSS e Pedagoxía Terapéutica, decidimos pasar o resto do día... e da noite... cos nosos alumnos/as no cole!!. Houbo tempo para todo: xogamos, fixemos os deberes, cenamos, observamos as estrelas (nisto temos que agradecer a Carlos a súa amabilidade en vir ata o centro pola noite e explicarnos como localizar, por exemplo, a estrela Polar; tamén nos trouxo un telescopio e puidemos observar a superficie da Lúa. Estivo xenial!! Grazas Carlos!). Despois vimos unha película (con palomitas incluídas) e, tras tanto traxín, fómonos durmir á Biblioteca (ou polo menos iso intentamos!!). A mañá seguinte degustamos un estupendo almorzo e logo, un pouco cansos/as iso si, fómonos directamente para as aulas.

Toda unha experiencia, cremos que boa, esta "Noite entre libros... e entre estrelas!!!. Así o pasamos de ben:

Sesións de cine esférico 360º e obradoiro astronáutico!!

Hoxe os nosos alumnos/as de Infantil, Primaria e Secundaria pasaron unha tarde do máis entretida. Primeiro desfrutaron dunha sesión de cine esférico; para iso improvisouse no polideportivo unha pequena "carpa cineasta". Os alumnos/as de Infantil e 1º, 3º e 4º de Primaria viron a película "Topos ¿Que hay ahí fuera?", e os de ESO "El origen de la vida". Despois, os alumnos/as de 4º e 6º de Primaria e todos os da ESO, participaron nun taller astronáutico.

Ainda que houbo algunha que outra bagoiña por parte dos nosos alumnos/as máis pequenos/as que, ao principio, non querían entrar ao "cine" (sería polo negra e pechada que era a "carpa"?) non dubidamos que, finalmente, tod@s o pasaron moi ben!! E para mostra...

 

Biblioentrevist@s fin de curso!!!

Aquí tedes os vídeos donde podedes ver as biblioentrevistas que os nosos reporteiros/as Alba, Samuel e Adrián fixeron a finais deste curso:

Entrevista de Adrián (6º Primaria) a Alba e Samuel, alumna e alumno que rematan a ESO e que marchan a outro centro (un IES de Lugo) para facer Bacharelato. Moita sorte Alba!!! Moita sorte Samuel!!

Agora, Samuel entrevista aos novos alumnos/as que chegaron en setembro 2014 ao noso cole para comezar Infantil 3 anos. Son Irene, Adriana e Pablo:

E, finalmente, Alba entrevista a Lucas, alumno de 6º Primaria que chegou ao noso centro no terceiro trimestre:

Entrega de premios II Olimpíada do Saber

Despois de varios intentos fallidos, por fin, este venres 12 de xuño, Sandra e Arnau (os nosos axudantes da biblioteca) deron os premios aos alumnos/as gañadores/as da II Olimpíada do Saber. A cousa estivo moi pero que moi reñida, pero ao final os gañadores foron: Tegra (Infantil 5 anos), Sabela (2º Primaria) e Samuel (4º ESO). Noraboa aos gañadores!!:

Tegra

Sabela

Samuel

Dende a biblioteca, queremos agradecer a todos/as os/as alumnos/as que participaron tan animadamente nesta Olimpíada buscando as pistas na biblioteca. Para eles tamén houbo uns pequenos agasallos que Arnau e Sandra se encargaron de repartir. Grazas a todos/as por participar!!

    

E por último, sinalar que a Samuel tamén se lle entregou, tal e como el desexaba, un cheque similar ao que recibe o gañador dun Premio Nobel...Así de contento e... sorprendido quedou!:

A Mochila Viaxeira en maio e xuño

Xa estamos en xuño e queda moi pouco para que rematen as clases. Coma todos os anos por estas datas, a Mochila Viaxeira prepárase para descansar e pasar unhas merecidas vacacións de verán. Pero antes viaxará ao fogar de Samuel, donde pasará os próximos días. No mes de maio tamén visitou os fogares de Lucas e Alba.

Lucas (6º Primaria)

Alba (4º ESO)

Samuel (4º ESO)

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design