Curso 2023-2024

abalarMóbil

Nesta publicación facilitámoslles a descarga da aplicación abalarMóbil, coa que poderán acceder a toda a información académica dos seus fillos e comunicarse co profesorado do centro, entre outras posibilidades.

PULSE NA IMAXE QUE CORRESPONDA CO SEU MÓBIL OU ESCANEE O CÓDIGO

                 

 

E PULSANDO NA SEGUINTE IMAXE PODEN DESCARGAR UNHA GUÍA DE USO DA APLICACIÓN

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

PREMA NA IMAXE PARA VER O DOCUMENTO

MENÚ SETEMBRO 2023

Etiquetas :

PULSE NA IMAXE PARA VELA EN TAMAÑO GRANDE:

AXUDAS DO CONCELLO

Etiquetas :

No día de onte foron publicadas as axudas para a adquisición de libros e material escolar para os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria e Secundaria, así como para o transporte de estudantes. O prazo de solicitudes remata o 15 de novembro.

Poden acceder a toda a información na seguinte ligazón:

http://folgosodocourel.com/archivos/1399

Na próxima reunión inicial con todas as nais e pais do centro, que terá lugar o martes 19, facilitarémoslles os certificados de matricula requeridos para realizar a solicitude. No caso de que algunha familia non poida acudir, remitirémosllo por outro medio o antes posible.

Reciban un saúdo cordial,

o equipo directivo.

REUNIÓN INICIAL

Etiquetas :

Estimadas familias,

Tal e como xa foi comunicado por outros medios, recordamos que con motivo do comezo do novo curso escolar 23/24 o equipo directivo quere convidar a tódolos pais e nais a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes 19 de setembro ás 18h no colexio para coñecernos e comentar algúns aspectos acerca do desenvolvemento do curso.

Reciban un saúdo cordial,

O equipo directivo.

MATERIAIS PARA O CURSO 2023-2024

Etiquetas :

CURSO 2023-24

MATERIAIS PARA INFANTIL

  • Folios.
  • Toalliñas.

 

MATERIAIS PARA PRIMARIA 

PARA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1 paquete de 500 follas DIN A-4.
  • Lapis, bolígrafos, goma, regra, cores, rotuladores, tesoiras e pegamento de barra.
  • 1 Arquivador de 4 aneis e separadores.
  • 1 paquete de folios cuadriculados taladrados (4 buratos).
  • 1 paquete de folios taladrados (4 buratos) de pauta doble (4 milímetros).
  • Para Educación Física: neceser de aseo con toalla e toalliñas hixiénicas.

(NOTA: ademais do material incluido neste apartado, o alumnado deberá  traer o seguinte material dependendo do curso no que estea matriculado)

PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1 libreta pautada da editorial Lamela co seguinte código 06A4P04.

PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 5 libretas tamaño DIN A-4 da editorial Lamela co seguinte código 06A4P04.

PARA 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

  • Frauta.
  • Os días de Educación Física deberán traer unha camiseta limpa para cambiarse.

 

MATERIAIS SECUNDARIA

  • Matemáticas: caderno cuadriculado.
  • Lengua Castelá: caderno.
  • Lingua Galega: caderno.
  • Bioloxía: libreta grapada raiada.
  • Inglés: libreta ou arquivador.
  • Plástica e Francés: folios, material para escribir (lapiceiro, goma, etc.) e carpeta pequena.
  • Ed. Física: Roupa de deporte e muda.
  • Música: caderno.
  • Xeografía e Historia: libreta ou caderno. 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design