Curso 2020-2021

Conmemoración día Mundial da Infancia

Etiquetas :

Magosto!

Etiquetas :

Onte celebramos un magosto. Pintamos, xogamos e disfrutamos cos títeres Cachirulo e coa orquesta Cé Pantasma! que máis se pode pedir?!

Tardiña entre libros

Etiquetas :

Este martes @s nen@s do cole pasaron unha tarde diferente, foi a "Tardiña entre libros"!

Despois da merenda fomos de camiñata ata a mina de Paradela. Foi moi emocionante, sobre todo a entrada na mina e o camiño de volta coas lanternas. 

Xa de volta, coas lecturas dramatizadas puidemos ver a gran canteira de actrices e actores que hai no cole, hai moito potencial! Ó rematar, ceamos e de volta para casa. Este ano non se puido durmir, pero non por iso foi menos divertido.

 

 

PROTOCOLO COVID

Actualización do 4 de novembro de 2020.

SAMAÍN

Este curso ,a proposta por parte da Biblioteca para celebrar o Samaín foi un concurso de microrrelatos.

Todos foron estupendos, pero o de Zaira e Claudia foron especialmente...TERRORÍFICOS! Noraboa as gañadoras!

Minas de Cereixido, Val de Visuña, Cogoluda

Continuamos coñecendo O Courel! Aínda quedan moitos lugares por descubrir. O pasado xoves 29 de outubro tivemos a sorte de descubrir as Minas de Cereixido en Visuña, ir a aldea das Cruces, a Cogoluda e voltamos por Ferramulín. 

O outono regalounos unhas fermosas paisaxes courelás.

Subida ó Formigueiros. Km vertical!

Etiquetas :

Onte os rapaces e as rapazas de 3º e 4º ESO coroaron o cume do Courel, o Formigueiros. Ascenderon nada máis e nada menos que polo km vertical.

Noraboa a tod@s!

 

Libros de texto SECUNDARIA 2020-2021 - Listaxe definitiva do fondo solidario de libros da ESO

Publicamos a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto da ESO.

Axudas para adquisición de material escolar para o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do Concello

Dende o Concello infórmannos que xa está aberta a convocatoria para axudas de adquisición de material escolar do alumnado que está matriculado no centro.

Os arquivos en relación coa convocatoria poden consultarse aquí ou na web do concello.

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design