Curso 2014-2015

MODO ARTISTA.....INSTALADO!!!! Parte I

"Os espellos empréganse para verse a cara; a arte para verse a alma"

George Bernard Shaw.


Hoxe celebramos o Día da Arte.

Como non podiamos centrarnos en todas as súas ramas escollimos fotografía, pintura e poesía.

Aquí vedes as nosas primeiras "obras fotográficas".

¿Non vos cheira a Pulitzer?

 

 

 

 

 

 

 

Uhmmmmm!!!!!!! QUE GALLETAS MÁIS RICAS!!!!

Quixemos meternos na cociña e fixemos unhas galletas que estaban riquísimas!!!!.

Pasámolo xenial botando os ingredientes, remexendo, e dándolle forma a unhas galletas que quedaron moi ricas e moi bonitas. Mentres esperabamos a que se fixeran, preparamos unha macedonia de froitas que "empratamos" sobre unhas tartaletas....así que hoxe tivemos unha merenda deliciosa.

Moitísimas grazas aos papás e mamás que nos puidéchedes acompañar, fixéchedelo moi ben....sodes uns grandes axudantes!!!!!!.

Moitas grazas para o  profe Álvaro que xa fixera estas galletas no cole da súa filla Sabela, e nos explicaba moi ben todo o que tiñamos que facer.

E por suposto moi agradecidos a Maruja, que nos facilitou moitísimo o traballo.

Na seguinte presentación podedes ver todo o proceso.

MOITA SORTE MARTA!!!!!

Moita sorte  Marta!!!!! Serás unha moi boa profe.

Botarémoste de menos....así que xa sabes.....visítanos pronto!!!!

Moitos bicos:MUACS!!!!!!!!!

 

BUSCANDO OVOS DE PASCUA!!!!!

Aquí tedes o ben que o pasamos buscando ovos de Pascua no souto.

Traballamos en equipo, xuntos as nenas e nenos de infantil e primaria, e tamén nos axudou David. E conseguimos unha boa "colleita" deles ....que despois.....papamos!!!!!

 

OBRADOIROS DE ARTESANÍA

O pasado xoves día 13 de marzo, organizouse un obradoiro de cerámica no centro da man de Raquel, e en colaboración coa ANPA. Nesta ocasión o alumnado coñeceu a arte da cerámica, como unha maneira de acercar aqueles traballos artesanais que se realizaban na zona.

 

Así, foron capaces de facer xa pequenas pezas de barro. Aí vos deixo un resumo con imaxes destes pequenos artistas creando.

 

 

TORNEO DE PING-PONG

O pasado martes 17 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron a Navia de Suarna a unha xornada de convivencia con centros de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Cervantes e o propio Navia, para realizar un torneo de ping- pong, onde a verdade demostraron a súa valía.

O verdadeiro obxectivo perseguido era que puideran desfrutar deste deporte en compaña de nen@s doutros lugares, e ademais de pasar un bo rato co deporte, tamén coñecendo a diferentes compañeiros e compañeiras.

Aquí vos deixo unhas fotos destes profesionais do ping-pong, ata conseguiron unhas medallas!

      

 

POP ART

No segundo trimestre en infantil traballamos o Pop Art.

Así que emulando a Warhol, Wesselmann, Lichtenstein.... pillamos fotos, puntos, raias, cores, comics.... e lanzámonos a felicitar o día do pai aos nosos súper heroes favoritos:

Pedro, David, Lucas, Emi, Jesús, Ángel e Carlos.

O seguinte collage é o resutado:

COS TEUS OUVIDOS NON PODO DURMIR

Pois ese é o título do noso "primeiro gran hit" e aquí tedes o esperado vídeo  da canción que fixemos en colaboración coas nenas e nenos do CPI de Cervantes e os seus profes.

Moitas grazas a tod@s, pasámolo xenial gravando e o resultado encántanos!!!!!

 

Día da árbore

Plantamos leitugas!

Esta actividade foi conxunta: Infantil e 3º da ESO

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design