Actividades

A Mochila Viaxeira en abril!!

As nosas Mochilas Viaxeiras pasarán estas primeiras dúas semanas do mes de abril nos fogares de Ariadna, Alex e Amanda. Desfrutade dela... e con ela!

Ariadna (Infantil, 5 anos):

Alex é un alumno novo de 2º Primaria que se incorporou neste terceiro trimestre ao noso centro. Non sabía como ía iso da Mochila Viaxeira, pero seus compañeiros Brais e Pablo enseguidiña llo explicaron:

Alex:

Brais e Pablo en plena explicación:

     

Amanda (4º ESO):

 

A Mochila Viaxeira

As Mochilas Viaxeiras de Infantil, Primaria e Secundaria están pasando estes días de neve e frío ao quentiño nos fogares de Clara, Brais e Sandra L.:

Clara (Infantil, 3 anos):

Brais (3º Primaria):

Sandra L. (3º ESO):

 

A Mochila Viaxeira

A Mochila Viaxeira vaino pasar en grande acompañando a Zeltia, Sergio e Paula a pasar o entroido  (e as próximas dúas semanas) nos seus fogares. Desfrutade cos libros e DVDs que levan as mochilas... e, por suposto, do entroido!!

Zeltia (Infantil, 3 anos):

Sergio (3º Primaria):

Paula (3º ESO):

"Influencia dos animais na intelixencia emocional das persoas"

Hoxe tivemos unha tarde do máis orixinal e animada. O equipo da Biblioteca e de Normalización, co asesoramento dalgún pai/nai, contactamos con Laura e Olaya que viñeron desde Vigo para realizar no noso cole a actividade "Influencia dos animais na intelixencia emocional das persoas". Os alumnos/as de Infantil, Primaria e Secundaria (distribuidos en dous grupos) falaron das súas cualidades (positivas ou negativas), do que se lles dá ben (ou mal), da importancia de dicirlles aos demais que o están facendo ben, das nosas emocións, de como transmitimos esas emocións... e tamén das emocións dos animais!. Así coñecemos a Momo e a Trasto... e así desfrutamos con eles:

"As nosas poesías da PAZ"

 

"As nosas poesías da Paz", ese é o título do mural que, entre tod@s, elaboramos durante toda a semana para conmemorar o Día da Paz. Moito tempo de traballo foi o que dedicaron os nosos alumnos e alumnas a compoñer (ou buscar) poesías que falasen da Paz; despois tíñannas que representar cun debuxo, e logo recitalas. Este é o resultado do seu esforzo:

 

A Mochila Viaxeira no 2016!!

Tras as vacacións de Nadal, a Mochila viaxeira volve rular polos fogares dos nosos alumnos/as. Así que as próximas dúas semanas acompañará a Lucía, Pablo e Víctor ata as súas casas. Desfrutade dela en familia!!!

Lucía (Infantil 3 anos):

Pablo (3º Primaria):

Víctor (3º ESO):

A Mochila Viaxeira no Nadal!

A Mochila viaxeira pasará un estupendo Nadal visitanto os fogares de Irene, Sabela e Rebeca. Desfrutade dela:

Bo Nadal a tod@s!

 Irene (Infantil 4 anos):

Sabela (3ºcurso de Primaria):

Rebeca (2º ESO):

Sesión de contacontos... o Apalpador!!

Hoxe pola mañá, os nosos alumn@s de Infantil e 1º e 3º cursos de Primaria puideron desfrutar dunha sesión de contacontos do máis orixinal e divertida e na que participaba dende moi lonxe, e por videoconferencia!, a profe Luisa (á que tod@s queremos moito!) e os seus alumn@s de Infantil do CEIP Joaquín Rodríguez Otero (de Malpica). A nai de Tegra, Pilar, foi a encargada de contarnos a historia do Apalpador e o conto da castaña máxica... gustounos moito!. Ao final, Pilar repartiu tres castañas a cada neno (e a cada profe!): unha desas tres castañas é máxica e hai que poñelas pola noite preto de nós para que nos protexa dos malos soños... Grazas Pilar! E grazas Luisa!!

 Velaquí algunhas fotos que amosan o ben que o pasamos:

Primeiro fixéronse as  presentacións (na foto os ne@s de Infantil dicindo os seus nomes aos nen@s do colexio de Malpica):

 

E así de atentos e atentas escoitabamos á presentación dos nosos compañeir@s de Malpica:

E seguimos moi atent@s ao que nos contaba Pilar:

   

   

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O mércores desta semana (25 de novembro) celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Por este motivo, case toda a Comunidade Educativa (alumnado, persoal non docente, pais/nais, transportistas, profesorado) participamos na elaboración do mural "Nin unha máis" como sinal de protesta por esta clase de violencia. No mural deixamos as pegadas das nosas máns pintadas de violeta, e os alumn@s, ademais, escribiron pequenas mensaxes ("Non vai cambiar", "Iso non é amor", "Denúnciao", "Basta xa", etc) así coma o nome das 48 mulleres que, ata este 25 de novembro, morreran vítimas da violencia de xénero.

A Mochila Viaxeira!

A Mochila Viaxeira segue a súa andaina polos fogares dos nosos alumn@s. As próximas dúas semanas visitará ás familias de Pablo (Infantil 4 anos), Tegra (1º Primaria) e Antía (2º ESO). Que desfrutedes moito dela!!!

Pablo:

Tegra, que recibe a Mochila da súa compañeira Erea:

    

Antía:

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design