Curso 2016-2017

Club de Ciencia

Fomos preseleccionados para a proba piloto de Club de Ciencias en Galicia!

Agora a traballar!

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21444

 

Saimos na prensa!!

O xornal El Progreso fixose eco da nosa actividade conxunta cos CPi de Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.

 

Atapuerca-Burgos-Madrid

Os días 2, 3 e 4 de marzo fixemos unha viaxe conxunta cos CPI de Cervantes e Pedrafita do Cebreiro. Nesa viaxe visitamos o Hospital de Fauna Salvaxe que hai en Madrid, os xacementos de Atapuerca, a cidade de Burgos e o Parque de Atraccións de Madrid.

 No Hospital de Fauna Salvaxe onde Blanca explicounos o que facían alí.

 Coñecendo as características do bosque mediterráneo no Monte del Pilar (Majadahonda).

Vimos un primillar.

No xacemento de Atapuerca puidemos ver onde traballan os arqueólogos e como se investiga ós nosos antepasados. 

Coa nosa guía Virginia. 

 Foto de familia no xacemento de Atapuerca: nel hai que levar casco.

 En Burgos, camiño do Museo de la Evolución Humana.

Na catedral de Burgos. 

 No Parque de Atracciones de Madrid.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN para alumn@s de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN: DO 1 AO 20 DE MARZO DO 2017

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS:

 Poderase cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.
  • Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 Nembargantes, para quen o queira cubrir a man, pódese descargar a través das seguintes ligazóns:

   Na seguinte ligazón pódese consultar un breve manual de como crear unha solicitude de admisión:

 

   Acceso á aplicación de xestión das solictudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumn@s de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos:

 

Para máis información no Departamento de Orientación.

 

 

 

Entroido 2017

Etiquetas :

   
   
   
   

Festival Nadal 2016

Etiquetas :

Máis vale tarde que nunca, e aquí está:

 

Recomendacións para subir fotos privadas en Redes Sociais

RECOMENDACIÓNS DA GARDA CIVIL

se VAS A PUBLICAR FOTOS DOS teus FILL@S EN REDES SOCIAIS:

1.       Que non se vexan lugares como a súa escola e que non conteñan pistas do lugar onde viven ou dos lugares que frecuentan.
2.       Evitar que nas fotos apareza o automóbil da familia (especialmente a matricula).
3.       Os nomes dos arquivos das fotografías non deben incluír os nomes completos dos nenos e nenas para evitar a súa identificación.
4.       Ao subir fotos non indiques se estás fóra de casa nese momento, frases como " estráñovos moito cando estou no traballo", poderían dar pistas de que os teus fillos e fillas están solos na casa.
5.       Non compartas fotos onde os nen@s usan o uniforme da escola ou a camiseta do equipo no que xogan.
6.       Algúns dispositivos móbiles inclúen as coordenadas xeográficas ou o lugar onde se toman as fotos, así que antes de publicalas verifica que estes datos elimináronse para evitar que a fotografía poida ser rastrexada.
7.       Comparte estes consellos con amigos e familiares e pídelles que non publiquen fotos dos teus nenos sen o teu consentimento.
8.       Non esquezas que a información e as imaxes que publicas na internet vólvense públicas.

 

Fonte: Garda Civil

Anxo Moure

O día 21 de febreiro visitounos Anxo Moure. Había anos que non viña e quixo compartir con nós algúns contos.

Moitas grazas por ternos tanto cariño, Anxo!

Microbiólog@s por un día

O luns 20 de febreiro, na Estación Científica da USC de Seoane do Courel, o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria tiñeron a oportunidade de ter unha actividade de observación de microorganismos na auga, a cargo do Doctor en Bioloxía e especialista en protozoos, Pablo Quintela Alonso. Este científico da Universidad Complutense de Madrid pertenece a CRE, a Asociación de Científicos Retornados a España, que realizan actividades de divulgación científica en colegios e institutos.

O alumnado, dividido en quendas segundo nivel, puido ver un cultivo de ParameciumEuglena. Tamén estudiaron outros microorganismos presentes en mostras da súa contorna.

Tamén agradecemos a Antonio Rigueiro e a Rocío Rodríguez por poñer todas as facilidades para usar a Estación Científica da USC en Seoane.

MOITÍSIMAS GRAZAS PABLO POR VIR ATA EIQUÍ!!!

Pablo Quintela (P.Q.) explicándolles a Pablo, Irene e Clara que son os protozoos.

P.Q. ensinandolles unha réplica dun dos microscopios de Antoni van Leeuwenhoeck, pai da Microbioloxía.

No laboratorio vendo as mostras de protozoos.

P.Q. prepara as mostras no microscopio.

Irene vendo un cultivo de Paramecium.

Pescando Euglenas.

Infantil tamén usa o microscopio!

Infantil

Primaria tamén quere ver protozoos!

Primaria

 

 

Primaria

Na estación científica, P.Q. coa ESO.

No laboratorio da Estación Científica.

ESO con Pablo Quintela.

CPI Poeta Uxío Novoneyra con Pablo Quintela.

 

 

 

Plantando allos (Voz Natura)

O día 17 de febreiro Infantil estreou o horto...PLANTANDO ALLOS! 

COIDADO! Non se pode pisar o horto!

Limpando os allos.

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design