Curso 2013-2014

A Mochila viaxeira no Nadal

A Mochila viaxeira do noso cole pasou o Nadal nos fogares de:

Ariadna (Infantil 3 anos)

 

Sergio (1º Primaria):

 

Sandra López (1º ESO):

Recordando a Constitución Española

Mañá 6 de decembro celebramos o 35º aniversario da aprobación en referendum da Constitución española que actualmente está en vigor: Constitución de 1978. Por iso, entre todos, fixemos este mural que nos recorda un pouco quen a elaborou, cando foi aprobada  e as súas características:

A Mochila viaxeira

A Mochila viaxeira, cargada con libros e DVDs, segue rulando polos fogares dos alumnos e alumnas do noso cole. As próximas dúas semanas estará nos fogares de:

Tegra (Infantil, 4 anos), Pablo (2º Primaria) e Irati (1º ESO). Disfrutade con ela!!!

 

Día contra a Violencia de xénero

Hoxe, 25 de Novembro, é o día contra a violencia de xénero. No recreo, profesores/as e alumnos/as reunímonos na aula de música para amosar o noso desacordo con ese maltrato que diariamente sofren tanto mulleres coma homes.

O acto foi presentado por Samuel (3º ESO):

Para amosar a nosa repulsa á violencia de xénero, durante a semana pasada todos os alumnos e alumnas, por ciclos ou grupos, elaboraron uns carteis e gravaron un vídeo . E este é o resultado de tanto traballo:

Videoconferencia con Marilar Aleixandre e Jorge Mira.

O alumnado de Primaria aproveitou esta videoconferencia para estudar os benqueridos insectos con Marilar Aleixandre, bióloga da Universidade de Santiago de Compostela.

Os nosos raparigos e raparigas de Secundaria, pola contra, estiveron a medir distancias espaciais con Jorge Mira (físico da Universidade de Santiago), igual que en tempos fixeran gregos e romanos. Sairíanlle os cálculos?

 

 

 

 

 

 

 

A Mochila viaxeira

A Mochila viaxeira do noso cole segue viaxa que viaxa entre os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria. A partir de hoxe e durante dúas semanas estará nos fogares de:

Erea (Infantil 4 anos):

 

Uxía (1º Primaria):

 

María Dolores (1º ESO):

Na Festa da castaña

Etiquetas :

Celebrando o Samaín e o Magosto

Hoxe pola tarde celebramos o Samaín e o Magosto. Na entrada do cole había unha morea de morcegos e un mural no que podíamos atopar libros de tamática de medo:

A Mochila viaxeira

A Mochila viaxeira segue rulando polos fogares dos nosos alumnos/as; os próximos quince días visitará as casas de:

Victoria (Infantil 4 anos)

Daniel (2º curso de Primaria)

Paula (1º ESO)

24 de outubro, día das bibliotecas escolares

Hoxe, 24 de outubro, é o "día das bibliotecas escolares", pero coincide co día de folga que se convoca en Educación en contra dos recortes e da nova Ley de Educación (LOMCE). Por este motivo a celebración do día das bibliotecas escolares queda aplazada para mañá.

Como todos os anos, a Consellería de Educación edita un cartaz para commemorar este día. O lema elexido para este curso 2013-2014 é "Ler ciencia na biblioteca escolar" e trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos que traten temas relacionados coa ciencia.

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design