O alumnado da ESO presentan os seus traballos de investigación en forma de páxina web.
Así son:
http://orquideas-do-caurel.webnode.es/
http://controlamos-o-que-pensamos5.webnode.es/
http://alvarescourel.webnode.es/
O alumnado da ESO presentan os seus traballos de investigación en forma de páxina web.
Así son:
http://orquideas-do-caurel.webnode.es/
http://controlamos-o-que-pensamos5.webnode.es/
http://alvarescourel.webnode.es/
O pasado 23 de febreiro visitounos o Dr. Luis Sampedro, científico do CSIC para explicarnos a que se dedican os científicos e no que traballa el. Falounos da comunicación entre as distintas especies e entre os individuos da mesma especie.
Aprendimos moito e sentiremos dun xeito distintos os arrecendos do bosque.
Moitas grazas Luis!
Neste curso estamos centrados no oso. O pasado 12 de febreiro viñeron @s nos@s compañeir@s de Cervantes para pasar unha xornada tratando a temática do oso.
Os da ESO tiveron unha mesa redonda con Guillermo Palomero, José Vicente López-Bao, José Antonio Vilariño e Israel Ferrero onde se debatiu a presenza do oso no Courel e Ancares.
Pola tarde a charla con Guillermo e José Vicente foi cos máis pequenos.
Amosámosvos algunhas fotos do día.
Moitas grazas pola vosa participación!!!
Do 18 ao 20 de novembro estivemos en Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia expoñendo os traballos de investigación que fixeramos.
Tamén aproveitamos para que nos explicaran que é a luz no obradoiro “Xogando coa luz”.
Foi unha experiencia inesquecibel para nós.
No minuto 47 comeza a exposición de Alba e Samuel.
No minuto 2:03:00 comeza a intervención do alumnado de 3º da ESO.
Esta actividade foi conxunta: Infantil e 3º da ESO
Dende principio de curso estamos levando a cabo un proxecto entre centros da montaña lucense arredor da figura do lobo ibérico. Este proxecto foi premiado pola Fundación Barrié para ser levado a cabo.
O proxecto abarca todos os niveis educativos de distintos xeitos.
Este ano, o alumnado da ESO participou no concurso de investigación científica dos Museos Científicos coruñeses. O traballo de 3º da ESO de Amanda, Sandra V, María e Lluis está entre os 3 finalistas! O desenlace, o 28 de febreiro. Contarémosvos máis dentro de pouco.