Actividades

Os mustélidos da montaña lucense

O día 9 de febreiro tivemos unha xornada de convivencia co CPI de Cervantes no seu concello. Alí, ÓScar Rivas e Augusto de Castro faláronnos da donicela e o armiño.

O alumnado de Infantil e Primaria gravou o videoclip de "A donicela Marcela" e a ESO xogou ao hockey.

Deixamos unhas imaxes da xornada.

Óscar Rivas falando ao alumnado da ESO de Courel e Cervantes.

Óscar Rivas falando ao alumnado de Infantil e Primaria.

Candela pintando a Ariadna.

Sabela maquillando a Erea.

Brais maquillando a Lucía.

A donicela Irene.

As armiñas Ainoa e Ariadna.

Equipo feminino courelá de hockey.

O alumnado da ESO.

Alumnado da ESO do Courel e Cervantes.

 

 

Visita dos maiores

O día 31 de xaneiro visitáronnos Rosaura e Antonio de Miraz e Juan de Romeor para resolver as dúbidas que tiñamos da vida do Courel.

Moitísimas grazas por vir e por responder a todas as nosas preguntas. Canto temos que aprender dos nosos maiores!

Esperamos velos pronto de novo no colexio.

Este video é un resumo do tempo que pasaron con nós

.

Día das bibliotecas, samaín e magosto

O día 24 de outubro tivemos unha xornada de convivencia co gallo do día das bibliotecas.

A primeira hora tivemos un obradoiro de cociña onde preparamos unhas recetas de Marta de Vilamor e de Isabel a profe de Francés. Os de Infantil prepararon galletas de cabaza e noces, Primaria unha rica tarta de castaña e os da ESO, tarta de cabaza.

Ás 11:30 uniuse o alumnado e profesorado do CPI de Cervantes para o concerto de música de cámara “como soan os nosos poemas?” onde Marta Sancho recitou e musicou unha escolma dos poemas más significativos da nosa literatura. Acompañabaa ó piano, Brais González.

 

Despois de comer, grazas a Rafael Quintiá, aprendemos algo máis sobre a celebración do Samaín en Galicia.

Logo houbo tempo para comer castañas e escoitar música, grazas a Juan e Pedro.

Moitas grazas a tod@s!

 

Concurso de Samaín

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos premiados en Infantil e Primaria

Entrega de premios da Biblioteca...

Este venres 17 de xullo tivo lugar a entrega de premios da Biblioteca a aqueles alumnos/as que conseguiron máis puntos no seu Bibliopassport (especie de carnet de puntos que se conseguían participando nas actividades que se programaban desde a Biblioteca). Para entregar os premios tivemos a sorte de contar no noso cole cunha xoven promesa do fútbol, Ramón Rodríguez Vázquez, porteiro do Deportivo de A Coruña (xuvenís). El, xunto cos nosos axudantes da biblioteca Arnau e Sandra, foron os encargados de entregar os premios. En Infantil todos os alumnos/as recibiron un premio polo seu esforzo e colaboración coa Biblioteca. En Primaria, o primeiro premio foi para Sabela (3º Primaria) e o segundo compartírono Candela e Arnau (4º e 6º curso respectivamente); en Secundaria o primeiro premio, e moi merecido, foi para Paula (3º ESO) e o segundo tamén o compartiron tres alumnas de 4º ESO: Amanda, María e Sandra V. Pero tamén houbo premios para aqueles alumnos/as que obtiveron no Bibliopassport máis de 9 puntos (como Tegra, alumna de Primaria, e Lucas, alumno de Secundaria)... Ademais, todos/as os alumnos/as recibiron un fermoso agasallo como agradacemento pola boa disposición que sempre amosaron á hora de realizar as actividades que se realizaron desde a Biblioteca.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!

Mochila viaxeira... ata o próximo curso!

Ghegamos xa a finais de curso, e con el tamén finaliza unha das actividades da Biblioteca que ven funcionando desde principios de outubro: a Mochila Viaxeira. Ao longo do curso, a Mochila da Biblioteca de Infantil, Primaria e Secundaria, cargada de libros, DVDs e bos desexos, viaxou ata os fogares dos nosos alumnos/as para acompañalos durante dúas semanas. En Infantil, esta actividade xa rematou a finais de abril (despois, os alumnos/as que quixeron levárona outra vez para a casa cargada de novos libros); pero en Primaria e Secundaria continuou nos meses de maio e xuño. En Primaria visitou o fogares de Dani, Uxía e Arnau; e en Secundaria de María, Lucas e Sandra.

E por este curso, nada máis. Grazas a tod@s pola vosa colaboración e polo cariño con que sempre participastes nesta actividade. Ata o próximo curso!!

                                           Dani e Uxía (4º Primaria)

      

                                                      Arnau (6º Primaria)

 

Celebrando o Día das Letras Galegas con Manuel María!

Este ano, o homenaxeado polo Día das Letras Galegas é Manuel María (Manuel María Fernández Teixeira); naceu en Outeiro de Rei (Lugo), pasou grande parte da súa vida en Monforte de Lemos (vila na que traballou como Procurador dos tribunais e na que abriu a libraría Xistral xunto coa súa muller Saleta Goi). Morreu no ano 2004 na Coruña. Escribiu narrativa, teatro, ensaio pero o seu xénero preferido era a poesía. E todo isto quenes o saben moi ben son os nosos alumnos e alumnas: durante toda a semana pasada os nenos/as de Infantil e Primaria buscaron información sobre a vida e a obra de Manuel María coas súas titoras, e os alumnos/as de Secundaria co seu profe de Língua Galega. E nesta semana, desde a Biblioteca, coa axuda de todo o alumnado, fixemos un mural, unha líña do tempo na que recordamos a vida e a obra deste autor. Así de ben traballamos:

 

A Mochila Viaxeira en maio...

As Mochilas Viaxeiras de Infantil, Primaria e Secundaria seguen rulando polos fogares dos nosos alumnos/as. Os próximos días pasarannos en compañia das familias de Pablo, Candela e Lluís. Desfrutade con ela!!

Pablo (Infantil):

Candela (4º Primaria):

Lluís (4º ESO):

Celebrando o Día do Libro!

Así de ben celebramos o Día do Libro: cunha rosa (elaborada polo equipo da Biblioteca) acompañada dunha frase de Cervantes, "La pluma es la lengua del alma", e outra de William Shakespeare, "The earth has music for those who listen" (con iso recordamos, tamén, o IV centenario da morte destes dous escritores, Miguel de Cervantes e William Shakespeare). Este era o agasallo que a Biblioteca tiña preparado para tod@s aqueles que se acercaran a visitala e levaran un libro para ler. Pero tamén é a nosa forma de agradecer a tod@s os nosos alumn@s a súa sempre boa disposición para participar nas actividades que se elaboran desde a Biblioteca. Grazas a tod@s pola vosa colaboración... e feliz Día do Libro!

 

Semana da arte... e Olimpíada do saber!

A semana pasada foi a Semana da arte. Para celebrala, cada alumno/a fixo a reprodución dun cadro famoso. Todos os alumnos/as (Infantil, Primaria e Secundaria) participaron, e cos cadros que pintaron elaboramos un mural. Agora toca identificar cada un deses cadros: coa axuda dunhas pequenas pistas que hai en cada cadro, os alumn@s terán que averiguar quen é o pintor real desas obras de arte. Comeza a Olimpìada do saber; esta vez, o tema é a pintura. Ánimo e a participar tod@s!

Para demostrar que os nosos alumnos e alumnas son uns verdadeiros e verdadeiras artistas nada mellor que ver o seguinte vídeo:

A "maxia" de Séchu Sende no noso cole...

O luns desta semana tivemos a sorte de pasalo con Séchu Sende. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, é autor de libros como "Odisea", "Orixe", "Animais", ou "Made in Galiza", entre outros moitos escritos. Non veu só. Acompañábano dous compañeiros seu e 22 alumnos/as de 3º de ESO aos que lles dá clase no IES Marco de Camballón (Vila de Cruces). Canto desfrutamos!. Convivencia, sorrisos, intercambio de experiencias, xogos, maxia, teatro, coñecementos... non faltou ningún ingrediente para que ese luns 18 de abril se convertese nun deses días que gusta recordar... bueno, si, faltounos tempo: a visita fíxosenos moi curta!. Esperamos que vos quedasen gañas de volver polo noso centro. Moitas grazas pola vosa visita!. Moitas grazas Séchu Sende!

Así de ben o pasamos!... E gracinhas polos agasallos!

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design