Actividades

ENCONTRO CUN AUTOR

Etiquetas :

Tivemos a sorte de contar connosco co científico galego Xurxo Mariño que nos deu unha charla- conferencia sobre neurociencia  na que nos explicou como procesa o cerebro a información que ven do exterior con experimentos nos que participaron os propios alumnos/as:

 

 

 

O nenos/as déronlle uns agasallos de produtos típicos do Caurel que mercou ENDL:

Xurxo regalounos  un libro sobre ciencia escrito por el e firmounos outros exemplares que xa había na Biblioteca e que nos dedicou con moito cariño:

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DA PRENSA

Ao longo de toda a Semana (11 ao 15 de marzo) circularon polas aulas de Infantil, Primaria e Secundaria xornais escritos en distintas linguas. Tamén se elaborou un mural con distintos xornais españois e se fixo un tendal coas noticias que elixiron os alumnos/as.

 

Facendo o tendal:

     

Despois de moito traballo, este é o resultado:

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Etiquetas :

Para celebrar o día da Paz fixemos o mural "Que é a Paz para tí?" no que os alumnos/as escribiron ou debuxaron o que é a Paz para eles

DENDE A BIBLIOTECA TAMÉN QUEREMOS FELICITAR O NADAL

Etiquetas :

 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Xunto co ENDL fíxose un estudo dos Dereitos Humanos a partir da obra pictórica de Castelao que logo se expuxo neste mural onde se reflicten os dereitos conculcados:

O SAMAÍN

Xunto co Departamento de Normalización Lingüística, elaborouse un mural sobre a historia da Santa Inquisición baseándonos no libro de Rábade Paredes "Branca de Loboso"

Tamén se realizou unha exposición de obras literarias galegas de temática de medo


A MOCHILA VIAXEIRA

Este curso a mochila viaxeira tamén chegou a Infantil. Xa viña viaxando por Primaria e Secundaria e por fin os máis pequenos do cole poden disfrutar dela!

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design