Curso 2020-2021

BOOKFLIX- Unha recomendacións dos nosos libros favoritos

Etiquetas :

Con motivo do Día do Libro, compartimos convosco "BOOKFLIX" unha selección dos nosos libros favoritos! Así que xa sabedes, a ler! :)

II Ruta d@s nen@s

Etiquetas :

Tras moitos cambios debido ó tempo, por fin o pasado xoves o alumnado da ESO puido ir de camiñata.

Guiados por Orlando fixeron unha ruta circular saíndo dende o colexio, subindo a Parada e regresando de novo ó colexio polo Monte Cido.

Durante a camiñata coñeceron moitos lugares de interese como o Muíño de Parada e o nacemento do río Parada. Ademais viron numerosas formas xeolóxicas, como o Covallón do Cido, a Dolina dos Currais, o Torcal do Cido... moitas delas recollidas nos poemas de Uxío Novoneyra.

Penas de Vitureira

 

Planta de luz de Parada

 

Baixada de Parada

 

Dolina chegando á Cova do Tarelo

Día do Libro 2021- pasapalabra

Préstamo de tablets

Queridas familias,

Dende a biblioteca do CPI Poeta Uxío Novoneyra, comezaremos a ofrecer o servizo de préstamos de tablets proximamente. Para sacar o máximo proveito deste servizo e de todas as súas posibilidades, convidámosvos a solicitar o carné de usuario da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da biblioteca de Quiroga para os vosos fillo/as. As familias interesadas deberán completar o formulario na seguinte ligazón: 

 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

 

Dende a biblioteca do centro, facilitaremos o trámite final e non será necesario que vos despracedes ata Quiroga, pero en caso de estardes interesados e facer a solicitude telemática, precisaremos fotocopia do DNI dun dos titores mais a súa sinatura. Unha vez sexades usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, poderedes acceder ao préstamos das tablets e acceder, ademais, a eBiblio Galicia.

 

Que é eBiblio e como funciona?

eBiblio é un servizo de préstamo electrónico a través de Internet, que as bibliotecas e servizos de lectura pública poñen a disposición do cidadán. eBiblio ofrece unha plataforma tecnolóxica que permite acceder ao catálogo e realizar o préstamo de obras en formato dixital para poder lelas en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, computadores persoais ou lectores de libros electrónicos.

 

Que preciso para acceder ao préstamo en eBiblio Galicia?

Os usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia poderán acceder a eBiblio Galicia para facer os préstamos identificándose mediante a súa chave de usuario e contrasinal.

 

Que podo atopar en eBiblio Galicia?

eBiblio Galicia ofrece aos cidadáns unha colección de novidades editoriais de todo tipo. De acordo coa clasificación que se utilizou para a selección e adquisición das obras, existen libros electrónicos co seguinte contido:

  • Ficción para público adulto, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras xerais sobre ciencia e tecnoloxía, ciencias sociais, arte e humanidades.
  • Obras xerais relacionadas con cuestións de saúde, autoaxuda e desenvolvemento persoal, formas e actividades relacionadas co lecer, viaxes, deportes e informática de interese xeral.
  • Ficción orientada ao público infantil e xuvenil, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras de non ficción para o público infantil e xuvenil, incluíndo todo tipo de materias (arte, música, historia, ciencia e tecnoloxía, lecer, deportes etc.)
  • Audiolibros, versións íntegras da obra escrita, narradas por profesionais e gravadas en formato audio.

Celebración do Día Internacional da Muller

Etiquetas :

Este martes celebramos o día Internacional da Muller coa visita de dúas veciñas do concello, Tamara e Ana. 

Falaronnos do seu traballo e experiencias na atención e axuda a domicilio e fixéronnos partícipes de tódalas cousas boas que a súa labor lles aporta, así como dos desafíos que teñen que afrontar diariamente.

Ademais, contestaron tódalas preguntas do noso alumnado e profesorado.

Moitas grazas ás dúas!

Día de Rosalía 24 febreiro

Etiquetas :

O 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía con poemas, facendo chapas e co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona

Hospitaleiros sin Fronteiras

Etiquetas :

O pasado martes tivemos a visita de Miguel, da ONG de Hospitaleiros sen Fronteiras. Falounos da realidade dos nenos Talibés de Senegal, do seu día a día, dos seus xoguetes, dos seus instrumentos musicais, do seu modo de vida...

Deixámosvos algunhas fotos.

Moitas grazas Miguel!

Entroido 2020/2021

Etiquetas :

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design