Curso 2016-2017

Charla temática da USC: "FORMACIÓN PARA O TRABALLO E INSERCIÓN LABORAL"

Hoxe contamos no centro coa presenza de Dº Antonio Rial Sánchez, profesor titular da USC, para ofrecer ao noso alumnado de 3º e 4º da ESO unha charla sobre as formacións regradas e non regradas as que poden acceder cos seus estudos, os distintos niveis de cualificación, a formación profesional de grado medio e grado superior e os estudos universitarios.

  Ademais vimos as relacións entre as necesidades laborais e o sistema produtivo, a relación entre o sistema produtivo e a formación e ademais púxose en valor a cultura emprendedora, vendo as súas características, como debe ser un emprendedor/a .... e as peculiaridades do traballo por conta propia ou conta allea. 

 

  Aquí un pequeno resumo en imaxes ...

AYUDAS FINANCIACION ANPAS

Con data do 19 de abril do 2017 publicase no DOGA (Nº75) a ORDE do 3 de abril de 2017 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2017.

   Poderán solicitar estas axudas as federacións e confederacións de nais e pais do alumnado, así como as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial que, con anterioridade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, estean inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    As axudas van destinadas tanto á realización de actividades como a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 

Acceso ao DOGA no que sae publicado

Vacaciones en Roma

Etiquetas :

Entre os días 4 e 8 de abril, o alumnado da ESO estivo de viaxe de fin de curso en Roma, a cidade eterna. Despois de gañar os cartos vendendo comida na festa da castaña e na da pisa, coa lotaría e as camisolas...viu a desexada viaxe.

Visitamos os monumentos máis importantes de Roma, e aínda que na revista falaremos desta viaxe queriamos deixarvos algunhas fotografías que inmmortalizan a nosa viaxe.

Moitas grazas polos bos momentos a tod@s!

 

Comezo na viaxe no tren rumbo a Madrid.

Primeira visita: Colosseo.

Tamén de noite ;)

Solpor dende o Museo Capitolino.

Na Boca della Veritá.

 

Na cúpula da Basílica de San Pedro.

No interior da Basílica de San Pedro, no Vaticano.

Foto de familia no Pantheon.

 

No interior do Pantheon.

 Na Fontana di Trevi.

 

Monumento a Víctor Manuel II.

 

ESCOLA DE PAIS E NAIS: Obradoiro "Resolución de conflitos e xestión emocional no ámbito familiar"

Hoxe, martes 4 de abril do 2017, comezou a súa andaina a Escola de Pais e Nais do noso centro, o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel, cun Obradoiro sobre “Resolución de conflitos e xestión emocional no ámbito familiar”, para elo contamos  coa presenza de Dª Daniel Novoa, docente na Escola de Maxisterio CEU de Vigo, terapeuta no Gabinete de psicoloxía Ítaca e especialista e formador no ámbito da Intelixencia Emocional.

O Obradoiro dividiuse en tres subgrupos para poder atender mellor ás familias dos nosos/as alumnos e alumnas, xa que as necesidades e características dos nenos/as e rapaces e rapazas son distintas segundo o momento evolutivo no que se atopan. Deste xeito atendéronse as familias do alumnado da etapa de educación infantil, aos da etapa de educación primaria e por último aos da etapa de secundaria.

Durante a realización do mesmo abordáronse temas relacionados coa xestión do comportamento  na casa tales como as rabechas no caso dos máis pequenos e pequenas, a asunción de responsabilidade no fogar,  a xestión dos premios e castigos, as emocións dos nosos/as fillos/as, …, as habilidades sociais, a empatía, a asertividade, a autoestima, a motivación, a comprensión emocional … Con todo elo buscou acercar aos pais e nais ao concepto de Intelixencia Emocional, entendida esta, como a capacidade que ten unha persoa de manexar, entender, seleccionar e traballar as súas emocións e as dos as dos demais con eficiencia e xerando resultados positivos. É dicir, é a habilidade para xestionar ben as emocións. Tanto as nosas como as dos demais.

As familias aproveitaron para formular as súas dúbidas, inquedanzas … en un ambiente distendido e de confianza fóronse resolvendo.

Ao final o tempo chegou a pouco e as familias manifestaron que lles gustaría que o obradoiro durase máis ou que viñese en máis ocasións. Resultou ser unha actividade enriquecedora para todos e todas, que esperamos que teña continuidade.

Aquí déixovos un pequeno resumen en imaxes …

  

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, domingo día 2 de abril, é o Día mundial de concienciación sobre o AUTISMO. O termo Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesarrollo e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades na comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta.

O movemento asociativo do autismo solicita o desenvolvemento efectivo de medidas que promovan a accesibilidade universal da información, das contornas, bens e servizos, garantindo a súa adecuación para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. Por iso entre tod@s solicitamos o desenvolvemento efectivo de medidas para a eliminación das moitas barreiras que aínda impiden que as persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) poidan gozar plenamente dos seus dereitos.

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible"


 

 FONTE: http://diamundialautismo.com/difunde-el-dia/

 

 

BOLSAS CURSOS DE INGLÉS EN IRLANDA

Etiquetas :

Está aberta a 5ª Convocatoria das Bolsas Eurolingua que permitirán a mozos e mozas galegas realizar un Curso de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda este verán de forma practicamente gratuita ( non incluído a viaxe a Irlanda).

A idade mínima son 14 anos e a nota mínima requerida para optar ás blosas son 6 puntos de media no expediente académico.Das 20 bolsas convocadas, resérvanse a lo menos 10 para mozos e mozas galegos.

O prazo de solicitude remata o día 12 de abril de 2017.

Podedes descargar  toda a informacón necesaria no seguinte enlace: Descargar Información

Charla Temática da USC: "A nosa cara e expresión facial como medio de comunicación: unha aproximación á estética facial do século XXI"

Hoxe luns, día 27 de marzo, contamos no noso centro coa visita do profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Departamento de Estomatoloxía), Dº Jose María Suárez Quintanilla, que nos veu falar como o pelo, os ollos, os movementos musculares e as microexpresións son armas poderosas de comunicación. Ademais, o alumando da ESO xunto co profesorado asistente, puido coñecer cales son as diferenzas na comunicación non verbal entre homes e mulleres e como a apreciación estética de cada persoa inflúe na comunicación que mantemos con outros seres humanos.

Así mesmo, mostrounos factores como a simetría, os movementos corporais e a interacción xestual como medio inconsciente de comunicación.

Xa para rematar ofreceunos unha pinceladas de cal foi a evolución facial de homes e mulleres neste último século, poñéndonos como exemplos cousas, recentemente, vistas na nosa viaxe a Atapuerca (por exemplo: “Lucy”, a “Sima dos osos”, “Excalibur, etc)  e os factores sociais (guerras, depresión económica, estatus político) que influíron no que nos gusta e no que non nos gusta. 

Aquí un pequeno resumo en imaxes ... 

21 de marzo: día da árbore

O día 21 de marzo plantamos un ameneiro que nos regalou a Deputación de Lugo. 

Agradecemos a todo alumnado a súa participación, especialmente aos que máis colaboraron: Brais, Sabela e Pablo.

Ademais, o alumnado de Infatil recreou un bosque en plastilina para celebrar esta data.

PROGRAMA KTORCE 18

Este programa, que desenvolve a Asociación Arela en colaboración coa Fundación Barrié,  quere achegar a LEI DO MENOR, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, para informar, previr e facer conscientes a rapaces e rapazas das consecuencias dos seus actos. 

As charlas teñen un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, bullying o maltrato familiar… e en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nestas.

Hoxe acercouse ata o noso centro Txelu, pedagogo no Centro de intervención educativa en medio aberto (CIEMA) da provincia de Pontevedra, estes centros teñen como obxectivo a reinserción social dos menores que cometeron algún delito, ofrecéndolles alternativas de futuro que eviten a reincidencia.

Txelu a través dunha charla dinámica, interactiva e de participación cos alumnos e alumnas acercounos a Lei do Menor, mediante unha presentación na que se recorreu a experiencias, vídeos sobre sexting, vulnerabilidade nas redes sociais, acoso, maltrato na familia, ... no que os rapaces e rapazas aproveitaron para aclarar dúbidas e participar nesta actividade.

Aqui podedes ver un pequeno resumo en imaxes .... 

 

 

 

 

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design