Curso 2014-2015

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Hoxe as nenas e nenos de infantil e primaria estivemos de "turistas" en Ponferrada. Asistimos á representación do espectáculo de Magín Blanco no teatro Bergidum, e alí prometemos que nunca deixariamos de escoitar os grilos.

Gustounos moitísimo e pasámolo xenial, fixemos nov@s amig@s e despois comimos e xogamos no parque.

Foi un día moi divertido.

 

COÑECENDO O CAUREL

O pasado sábado o grupo de infantil xunto coas súas familias, as nenas que entran o próximo curso en infantil e outr@s convidad@s, compartimos unha xornada de festa en Parada.

Visitamos a casa de Uxío Novoneyra "o poeta lobo", guiados de auténtico luxo polo seu fillo Uxío, dende aquí dámosche as grazas por ser un fantástico anfitrión!!!!

E despois tod@s xunt@s a comer ao souto de Parada.... pensades  que aí se acaba?.... pois non..... despois de comer.....FOLIADA!!!!

Infinitas grazas ás familias por facer de ese día un día inesquecible, e outra vez a Uxío que nos achegou un pouquiño máis ao Poeta do Caurel.

 

Día das Letras Galegas... en feminino!! As nosas musas literarias.

Este ano, o homenaxeado no Día das Letras Galegas é Xosé Fernando Filgueira Valverde. A falta de acordo entre a RAG e a Mesa pola Normalización Lingüística por esta elección fixo que no noso centro os equipos de Normalización e Biblioteca se decantasen por adicarlle este Día ás mulleres galegas escritoras... que son moitas!!, e en concreto ás poetisas galegas. Con elas, durante toda a semana pasada, fixemos un mural e gravamos un vídeo no que os alumnos/as, previo exercicio de "investigación" sobre a súa vida e obra, elixían un poema dalgunha das nosas poetisas e o recitaban. Así de ben o fixeron!!:

 

"As Matemáticas son aburridas e non serven para nada", charla de Mª Elena Vázquez Abal

O lema das Bibliotecas escolares deste curso é "Biblioteca Escolar... matemático!". Por esta razón a Biblioteca, Normalización e o Departamento de Matemáticas estivemos facendo  as nosas pescudas para traer ata o noso centro un profesor/a de Matemáticas para dar unha charla aos alumnos/as de ESO e 5º e 6º de Primaria... e a escollida (polas moi boas referencias que tiñamos) foi Mª Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas no Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. E non nos equivocamos!!!. Coa súa charla "As Matemáticas son aburridas e non serven para nada" fíxonos pasar un anaco do máis agradable. Tod@s os/as que puidemos asistir desfrutamos moito dunha charla na que non faltou nin o humor, nin os xogos de maxia... nin, por suposto, os números primos!!. Aprendemos como se codifica a letra do DNI, que é iso da medalla Fields, cal é a distancia máis curta entre dous puntos nun mapa, cales son os problemas de percepción dos números (por exemplo, como nos enganan na publicidade), o pequenos que poden chegar a ser os números, cantas veces se pode dobrar un papel... ata por que Mario Casas nos pode resultar guapo e Einsten non (a resposta dánola a... xeometría!!: a cara de Mario Casas é simétrica e a de Einsten non!!).

Unha charla do máis amena!. Foi un verdadeiro pracer e un luxo contar no noso centro coa presenza de Mª Elena Vázquez Abal e, por suposto, de Felipe Gago Couso. Grazas aos dous por vir ata o CPI Poeta Uxío Novoneyra! 

 

4º ESO no X Encuentro de Alumnado Investigador

No minuto 47 comeza a exposición de Alba e Samuel.

3º ESO no X Encuentro de Alumnado Investigador

No minuto 2:03:00 comeza a intervención do alumnado de 3º da ESO.

 

É o turno das chicas!!!!!! Parabéns

E agora é o turno das nosas súper heroínas favoritas: Sonia, Yolanda, Pilar, Nieves, Pili, Sonia e Marta.

Esperamos que vos guste moito, xa que o fixemos con moita ilusión e que o luzades en moitas ocasións.

Para vós un bico moi forte, e este precioso vídeo da canción de Guadi Galego "Matriarcas".

 

E aquí tedes o "making off" ou como fixemos os vosos preciosos broches:

 

 

  

 

  

 

Clube de Lectura dos máis pequenos!

Hoxe venres, os nosos alumnos/as máis pequenos (Infantil e 2º e 3º curso de Primaria) tiveron, por fin, a súa tan esperada primeira sesión do Clube de Lectura. En colaboración coa libraría Trama de Lugo, desprazouse ata o centro Fátima, encargada de ralizar esta actividade. Os nenos e nenas disfrutaron moito durante os 70 minutos que durou esta primeira sesión... E ao final, como en todo clube de lectura, levaron cadanseu libro para a casa e que terán que ler (ou que lles axuden a ler) para a próxima sesión que terá lugar na segunda quincena de maio. 

Así de atentos escoitaban e participaban na actividade:

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design