Infantil

COCIÑANDO CONTOS.....Coas mans na masa!!!

Hoxe as nenas e nenos de primeiro e segundo ciclo de primaria e de infantil fixemos unha actividade chulísima de cociña....Sí....sí de cociña.... pero de cociñar contos e personaxes.

Pasaron o día con nós Raquel e Borja da editorial OQO, agasalláronnos con libros de dita editorial para o cole, todos cunha temática moi rica: uhmmmmmmmmmmmm, todos eran relacionados coa comida.

Así que mans á obra, con masa modelamos personaxes do conto de Maruxa que pintamos sobre bandexas de pasteis.

E pola tarde un conta contos moi especial, tivemos a sorte de que nos contaran varios contos: "Maxia", "O galo traganoces", "A sopa queima"e "Hansel e Gretel". E sabedes un segredo.....regaláronnos pedras máxicas, coas que marcou o camiño Hansel, e vimos os raios máxicos de lúa que só se poden recoller cada catro anos o 29 de febreiro...e tamén probamos un cachiño da casa de chocolate........ e ....colorín colorado...este conto está fotografiado!!!!

 

INFANTIL ON TOUR!!!!!

Hoxe os nenos e nenas de infantil acompañados de algúns membr@s das súas familias fomos de viaxe.

Chegamos a Santiago e alí, na estación de tren, collimos un rumbo a Padrón, a verdade é que se nos fixo demasiado curto o traxecto.... Sabedes, os asientos de tren no teñen cinturón de seguridade!!!!!

Cando chegamos a Padrón, fomos ao Xardín Botánico onde comemos e xogamos, e ¡atopamos pistas de Rosalía!, xa que vimos a Figueira de Rosalía (non a de Pelostortos).

Pola tarde visitamos a Casa da Matanza na que  viviu e morreu Rosalía de Castro e alí, no seu xardín, fixemos a nosa particular homenaxe á "Musa dos Pobos". Cantamos, tocamos, bailamos, firmamos e deixamos os nosos debuxos.

Foi un día xenial!!!!

  

 

   

  

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Hoxe as nenas e nenos de infantil e primaria estivemos de "turistas" en Ponferrada. Asistimos á representación do espectáculo de Magín Blanco no teatro Bergidum, e alí prometemos que nunca deixariamos de escoitar os grilos.

Gustounos moitísimo e pasámolo xenial, fixemos nov@s amig@s e despois comimos e xogamos no parque.

Foi un día moi divertido.

 

COÑECENDO O CAUREL

O pasado sábado o grupo de infantil xunto coas súas familias, as nenas que entran o próximo curso en infantil e outr@s convidad@s, compartimos unha xornada de festa en Parada.

Visitamos a casa de Uxío Novoneyra "o poeta lobo", guiados de auténtico luxo polo seu fillo Uxío, dende aquí dámosche as grazas por ser un fantástico anfitrión!!!!

E despois tod@s xunt@s a comer ao souto de Parada.... pensades  que aí se acaba?.... pois non..... despois de comer.....FOLIADA!!!!

Infinitas grazas ás familias por facer de ese día un día inesquecible, e outra vez a Uxío que nos achegou un pouquiño máis ao Poeta do Caurel.

 

É o turno das chicas!!!!!! Parabéns

E agora é o turno das nosas súper heroínas favoritas: Sonia, Yolanda, Pilar, Nieves, Pili, Sonia e Marta.

Esperamos que vos guste moito, xa que o fixemos con moita ilusión e que o luzades en moitas ocasións.

Para vós un bico moi forte, e este precioso vídeo da canción de Guadi Galego "Matriarcas".

 

E aquí tedes o "making off" ou como fixemos os vosos preciosos broches:

 

 

  

 

  

 

EXCURSIÓN A LUGO

As nenas e nenos de infantil e primaria fixemos unha excursión a Lugo.

Nada máis chegar fumos ao Museo Provincial onde fixemos un safari polos cuadros, foi unha actividade moi divertida, onde todos "cazamos" diferentes animais, en cuadros, reloxos, porcelanas...... e nos convertimos en expertos cazadores de lobos, leóns, cans, ovellas, porcos, galos.....

Como acabamos súper cans@s repuxemos forzas no Mercado Municipal, onde despois de comer, unha peixeira nos invitou a caramelos e gominolas.....

Xa pola tarde na Fundación ABANCA traballamos con distintas emocións poñéndonos tamén na pel dos demais.

E despois de tanto traballo.... tod@s content@s de volta á casa.

 

RODRIBICO APRENDE A VOAR

A editorial Santillana enviounos unha contacontos que nos contou a historia de Rodribico, un paxaro ao que lle gustaban moito as castañas das pólas máis altas.

Despois de contarnos o conto, que nos gustou moitísimo, fixemos uns Rodribicos chulísimos.....

E colorín ...colorado.... este conto está rematado!!!!.

 

  

 

  

 

  

 

 

MODO ARTISTA.....INSTALADO!!! Parte III

E despois da fotografía e a pintura...toca a poesía.

Así que collimos poemas de Rosalía, Castelao, Uxío Novoneyra, Fran Alonso e Yolanda Castaño. Debuxamos aquelo que nos suxería cada poema.

E aquí tedes os resultados!!!

 

      

 

      

 

 

MODO ARTISTA.....INSTALADO!!! Parte II

Cambiamos de pau, e agora tocou a pintura.

Aquí poderedes ver os retratos que nos fixemos.

Cada un ou unha de nós escolleu modelo... e a pintar!!!!

Despois cambiamos os papeles......e este é o resultado!!!!!!!

 

 

MODO ARTISTA.....INSTALADO!!!! Parte I

"Os espellos empréganse para verse a cara; a arte para verse a alma"

George Bernard Shaw.


Hoxe celebramos o Día da Arte.

Como non podiamos centrarnos en todas as súas ramas escollimos fotografía, pintura e poesía.

Aquí vedes as nosas primeiras "obras fotográficas".

¿Non vos cheira a Pulitzer?

 

 

 

 

 

 

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design