Ciencias Naturais

Os mustélidos da montaña lucense

O día 9 de febreiro tivemos unha xornada de convivencia co CPI de Cervantes no seu concello. Alí, ÓScar Rivas e Augusto de Castro faláronnos da donicela e o armiño.

O alumnado de Infantil e Primaria gravou o videoclip de "A donicela Marcela" e a ESO xogou ao hockey.

Deixamos unhas imaxes da xornada.

Óscar Rivas falando ao alumnado da ESO de Courel e Cervantes.

Óscar Rivas falando ao alumnado de Infantil e Primaria.

Candela pintando a Ariadna.

Sabela maquillando a Erea.

Brais maquillando a Lucía.

A donicela Irene.

As armiñas Ainoa e Ariadna.

Equipo feminino courelá de hockey.

O alumnado da ESO.

Alumnado da ESO do Courel e Cervantes.

 

 

Reanimación cardiopulmonar (RCP)

O pasado martes 7 de febreiro tivemos a sorte de que nos visitaran Inés López, médica de urxencias e Teresa Zabaleta enfermeira de urxencias, ambas do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Ensináronnos como deberiamos actuar ao atoparnos cunha persoa inconsciente.

Ademais de aprendernos o que hai que facer, puidemos practicar!

Esta actividade foi proposta pola AMPA e foi aberta a todo o público.

Por se vos interesa deixamos un video por se vos quedou algunha dúbida:

Moitas grazas Inés e Teresa!

Visita dos maiores

O día 31 de xaneiro visitáronnos Rosaura e Antonio de Miraz e Juan de Romeor para resolver as dúbidas que tiñamos da vida do Courel.

Moitísimas grazas por vir e por responder a todas as nosas preguntas. Canto temos que aprender dos nosos maiores!

Esperamos velos pronto de novo no colexio.

Este video é un resumo do tempo que pasaron con nós

.

1º día de primatólog@s

O día 21 de xaneiro o alumnado de 1º ciclo de primaria fomos a Marcelle por primeira vez para comezar o noso traballo de investigación sobre etoloxía (comportamento) dos monos capuchinos (Cepus abella).

Ía moito frío (-3º) polo que só puxemos a cámara a gravar. Pero o próximo día iremos máis preparad@s para as baixas temperaturas!

Estas foron as pulseiras que nos deron na entrada:

Nunha illa estaba a casa dos nosos monos capuchinos (a ver quen o atopa!, pero na foto vense un):

Fomos a tomar un colacao quentiño:

E houbo tempo para xogar:

Galiciencia 2016

Durante os días 16, 17 e 18 de novembro celebrouse a XI Galiciencia, a feira de ciencia máis importante de Galicia.

As alumnas de 3º da ESO presentaron o seu traballo sobre presenza de armiño e donicela na serra do Courel.

Tamén o alumnado de 3º ciclo de Primaria e 1º da ESO presentaron o traballo realizado o ano pasado con Mª Carmen F. Freire, no que se pón en valor os organismos que viven no solo.

Ademais todo o alumnado de Primaria e Secundaria puido desfrutar da exposición dos traballos que realizaron outros pequenos e de obradoiros relacionados coas matemáticas.

O alumnado de Primaria asistiu a un obradoiro de robótica.

O alumnado de Secundaria tamén asistiu a dúas charlas sobre as matemáticas na vida e na natureza.

 

Proxecto Ríos / Proxecto Voz Natura

O pasado día 6 de outubro participamos na limpeza simultanea de ríos, iniciativa da asociación ADEGA e enmarcada dentro do Proxecto Ríos e do proxecto Voz Natura do noso centro escolar.

O lixo que está no ríos, non só contaminan os ríos, senon que tamén chega ao mar. Con esta limpeza colaboramos un pouquichiño a mellorar a nosa contorna.

Grazas a tod@s por participar

Deixámosvos o enlace da páxina da Voz de Galicia onde están recollidas as imaxes da limpeza.

 

http://www.lavozdegalicia.es/album/lemos/2016/10/07/caceria-desperdicios...

Proxecto Ríos

O pasado 27 de maio saimos o alumnado de 4º e 6º de Primaria aos ríos Lor e Selmo para facer as inspeccións dos ríos.

Alí tomamos os datos físico-químicos e tamén analizamos os macroinvertebrados que existen na auga do río, indicadores da súa calidade.

 

 

 

Por outra banda, e aproveitando a nova creación na Serra do Courel das Microrreservas de Orquídeas, quixemos coñecer esta familia de plantas e comezar a realizar un estudo científico que durará 4 anos.

Grazas a Carlos Cortizo, coautor da Guía das orquídeas de Galicia, aprendimos a identificalas. Agora aproveitaremos as saidas do proxecto ríos de vindeiros anos para continuar co noso traballo de investigación nas Microrreservas do Courel.

Videoclip Oso Pardo

Este foi o videoclip realizado xunto co CPI de Cervantes. A letra foi escrita por as nenas de 1º de Primaria e a música é de Pablo Esqueira, profe de música de Cervantes.

Esperamos que vos guste.

O lobo no rural

Deixamos os arquivos da unidade didáctica de "O lobo no rural" (para alumn@ e profesorado). en galego e en castelán.

XVII convocatoria dos premios Luis Freire de investigación científica na escola

O sábado día 30 de abril fomos recoller o 2º premio na modalidade de Primaria co traballo "son importantes os microorganismos do solo para o crecemento das plantas?" e o 2º premio na modalidade de Secundaria co traballo "exito de polinización de Aceras anthropophorum, Orchis mascula e Ophrys sphegodes no Courel".

Para máis información podedes acceder o enlace da Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/05/03/span-langgl-colexi...

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design