Actividades

Outubro no cole

Etiquetas :

 

Ao longo do mes de outubro, e coa colaboración do departamento de Lingua Galega, puxemos en marcha un concurso de contos e microrrelatos de medo en galego que se premiarán na xornada do Samaín. Ademaís dende os departamentos de linguas estranxeiras amosáronse no taboleiro as contribucións voluntarias do alumnado de ESO en inglés e francés.

 

 

 

 

Xa a finais do mes, tivo lugar a esperada xornada da “Tardiña entre libros”, que se leva facendo no cole dende hai unhos anos, e na que toda a comunidade educativa participamos. Fixemos unha selección de lecturas con temática de medo e misterio para por a disposición do alumnado como adianto ao Samaín, así como diferentes xogos educativos, e decorouse a Biblio que metía medo!

 

 

 

Ao rematar as clases do día 27 organizouse unha saída a Folgoso para encontrarnos con o marabilloso escultor e poeta Urbano Arza, quen nos amosou e nos explicou amablemente o seu arte na Maderoteca, que respira vida e boa enerxía. Á volta ao cole desfrutamos dunha observación de estrelas, ata puidemos ver os aneis de Saturno! :D

 

 

Ó día seguinte celebramos o Samaín e o Magosto, con o tradicional asado de castañas a cargo dos alumnos de 4º de ESO e moitas máis actividades: a entrega de premios ás persoas gañadoras (¡noraboa a tod@s!) do concurso de relatos, un contacontos para os peques e un concerto do xenial Sr Patajullo e o seu espectáculo con instrumentos musicales “Barullo”, ao que tamén asistiron as familias.

 

 

 

Visita das poetas do Ámeto Mítico

Etiquetas :

 

  • Comezamos o curso coa marabillosa visita das poetas do Ámeto Mítico, que se pasaron por o cole en setembro cunha mostra da súa poesía, feita ao carón do Camiño a Santiago de Compostela. O Camiño como fonte de inspiración e lugar onde compartir experiencias e sentimentos; lugar de encontro de poetas de procedencia tan diversa como Hungría, Madrid, Irlanda ou Sarria. A prensa e televisión tamén o amosou nos seus soportes:

 

https://www.crtvg.es/informativos/un-grupo-de-poetas-unen-camino-e-literatura-coa-inspiracion-de-novoneyra-5320769

https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/poesia-souto-do-ameto-mitico/202109271246591527805.html

 

Benvid@s á biblio do Courel!

Ola a tod@s e benvid@s á Biblioteca do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel neste curso 2021-22!

Imos a facer un resumo do feito ata agora: algunhas son actividades propostas e desenvolvidas dende a Biblio, outros departamentos como o de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística; outras son actividades propostas no Claustro nas que participamos co resto de compañeir@s. Consideramos que a mellor forma de que as cousas saian adiante é colaborando e axudándonos entre nós.

 

Día do Libro 2021- pasapalabra

SAMAÍN

Este curso ,a proposta por parte da Biblioteca para celebrar o Samaín foi un concurso de microrrelatos.

Todos foron estupendos, pero o de Zaira e Claudia foron especialmente...TERRORÍFICOS! Noraboa as gañadoras!

Coñecemos a Oliver Laxe e vimos O que arde!

O pasado xoves 17 de outubro, as nenas e nenos da ESO viaxamos a Lugo ao cine. Vimos a película O que arde de Oliver Laxe e puidemos falar con el. Comentounos a súa idea á hora de realizar o filme e respondeu a todas as preguntas que se lle formularon. Mesmo sacamos unha foto con el!

Foi bonito xuntarse os coles da montaña pra ver un filme que fala do noso rural!

21 de marzo: día da árbore

O día 21 de marzo plantamos un ameneiro que nos regalou a Deputación de Lugo. 

Agradecemos a todo alumnado a súa participación, especialmente aos que máis colaboraron: Brais, Sabela e Pablo.

Ademais, o alumnado de Infatil recreou un bosque en plastilina para celebrar esta data.

Anxo Moure

O día 21 de febreiro visitounos Anxo Moure. Había anos que non viña e quixo compartir con nós algúns contos.

Moitas grazas por ternos tanto cariño, Anxo!

Microbiólog@s por un día

O luns 20 de febreiro, na Estación Científica da USC de Seoane do Courel, o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria tiñeron a oportunidade de ter unha actividade de observación de microorganismos na auga, a cargo do Doctor en Bioloxía e especialista en protozoos, Pablo Quintela Alonso. Este científico da Universidad Complutense de Madrid pertenece a CRE, a Asociación de Científicos Retornados a España, que realizan actividades de divulgación científica en colegios e institutos.

O alumnado, dividido en quendas segundo nivel, puido ver un cultivo de ParameciumEuglena. Tamén estudiaron outros microorganismos presentes en mostras da súa contorna.

Tamén agradecemos a Antonio Rigueiro e a Rocío Rodríguez por poñer todas as facilidades para usar a Estación Científica da USC en Seoane.

MOITÍSIMAS GRAZAS PABLO POR VIR ATA EIQUÍ!!!

Pablo Quintela (P.Q.) explicándolles a Pablo, Irene e Clara que son os protozoos.

P.Q. ensinandolles unha réplica dun dos microscopios de Antoni van Leeuwenhoeck, pai da Microbioloxía.

No laboratorio vendo as mostras de protozoos.

P.Q. prepara as mostras no microscopio.

Irene vendo un cultivo de Paramecium.

Pescando Euglenas.

Infantil tamén usa o microscopio!

Infantil

Primaria tamén quere ver protozoos!

Primaria

 

 

Primaria

Na estación científica, P.Q. coa ESO.

No laboratorio da Estación Científica.

ESO con Pablo Quintela.

CPI Poeta Uxío Novoneyra con Pablo Quintela.

 

 

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design