CPI Plurilingüe da Picota
PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
|
|
COMEZO DAS CLASES NA ESO
|
|
Calendario de exames de setembro
|
Comedor 2020_2021 Anexo II.- Modelo autodeclaración (impreso)
Todas aquelas persoas que teñan solicitado o comedor escolar deberán cumprimentar o modelo de autodeclaración (Anexo II) e presentalo no Centro entre o 1 e o 20 de xullo, en horario de mañán. Dito modelo, poden descargalo no enlace de arriba ou ben solicitalo no Centro.
|
IMPORTANTE.- Se o/a alumno/a ten algún material informático cedido polo Centro tamén deberá devolvelo o día da entrega dos libros. |
COMEDOR Curso 2020_2021 Impreso para solicitar o uso do comedor Curso 2020_2021 Impreso para solicitar ser colaborador/a Curso 2020_2021
|
AXUDAS PARA LIBROS / MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021 PRAZO: de 19 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive)
Suma das casiñas 435 e 460 da renda de 2018.
Horario de SECRETARÍA de 10 a 13 horas
|
|
ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICASCurso 2019_2020Educación Primaria Educación Secundaria.- Departamentos |
|
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓNRestablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o 11 de maio de 2020 e rematará o 18 do mesmo mes. |
|
Circular Axudas Comedores Escolares30 marzo 2020IMPORTANTE.- Para tramitar as axudas de comedor é imprescindible que, ademais do IBAN e o nº de conta, poñan o nome da Entidade Bancaria. |
INFORMACIÓN.- 27 DE Marzo de 2020 Estimadas familias: Recibimos instruccións dende a Consellería de Educación na que se nos indica que, a efectos de dar continuidade ao calendario escolar, debemos proceder ao peche da avaliación do 2º trimestre . Polo que as notas desta avaliación serán enviadas ás familias a través dos medios (correo electrónico, correo postal ou plataforma Abalar), segundo as circunstancias de cada familia. Xunto coas notas poderían recibir a información que cada titor estime oportuno. Cómpre aclarar que as notas corresponden á actividade lectiva desenvolvida ata o día de peche das clases e en ningún caso ás solicitadas durante o período de confinamento. Agardamos que este tempo sexa o mais breve posible e así poder volver á actividade normal. Estamos ao seu dispor no teléfono do centro e a través do correo electrónico. Ánimo e saúde para todos.
O equipo docente do CPI Plurilingüe da Picota |
URXENTE Á atención de toda a Comunidade Educativa do C.P.I. Plurilingüe da Picota. Seguindo instruccións da Consellería de Educación, QUEDAN SUSPENDIDAS AS CLASES desde o vindeiro luns, día 16 de marzo de 2020, DURANTE UN PERÍODO DE 14 DÍAS. O motivo é de todos sabido: A EMERXENCIA SANITARIA PROVOCADA POLO CORONAVIRUS. Mañán, venres, 13 de marzo, o Centro permanecerá aberto en horario normal e con todos os seus servizos funcionando; ben é certo que as recomendacións últimas da Xunta de Galicia son que aqueles pais/nais que poidan facelo, debería deixar aos seus fillos xa mañán no seu domicilio. ROGAMOS que se manteñan informados a través dos medios de comunicación de calquera novidade que se produza, pois a situación cambia minuto a minuto. Así mesmo, trataremos, na medida que nos sexa posible, mantelos informados a través da nosa páxina web ( https://www.edu.xunta.gal/centros/cpipicota/ ) de calquer incidencia que se produza e que nos comuniquen oficialmente. Por outro lado, apelamos a responsabilidade individual para cumplir todas as medidas preventivas que recomendan as AUTORIDADES SANITARIAS. Estas medidas pódense atopar no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal/portal/) no espazo familias. Desexamos que ante esta situación poidan conciliar o mellor posible a vida familiar. A DIRECCIÓN DO CENTRO.- 12 de Marzo de 2020 |
|
|
|
|
|
|