Skip to Content

O número PI e a creación literaria

O pasado martes o alumnado de 3º e 4º ESO realizou unha actividade asociada ao número PI.

(Premendo nas imaxes da publicación accédese a elas en tamaño grande)

Exposición do número PI feita polo alumnado

E por que o pasado martes?

Conmemoración número PI

O alumnado de 3º e 4º ESO descubriron como este número “máxico” e outros números deron lugar a moitas creacións literarias!! E aquí vos deixamos a primeira realizada polo alumnado de 4º ESO: a tradución do poema “Número Pi da autora Wislawa Szymborska, premio Nobel de Literatura. Mais fixeron unha desfeita! Está desordenado! Que crebacabezas! Serías quen de armalo correctamente?

Crebacabezas poema

Afondaron neste concepto matemático e viron como a matemática e a creación literaria non están tan afastadas!! Por aquí deixamos as súas creacións literato-matemáticas. Estas creacións reciben o nome de ESOPIAS.

Esopías

Por cal votarías ti? Está difícil a decisión!! Agora toca agardar a que o xurado decida. Nuns días daremos a coñecer a persoa gañadora!

(Clica na imaxe para as poder ler)

Amo e teño a Xesús Can e loba Eis o tolo a mirar Ela é bela e feliz Era o home Era o neno o matón Mar e onda Meu o luar Non é gato Roi o neno é listo Sen o dano Sen o ollo Son e veño Ten o pelo e corpo Vén a area Vin o demo a xogar Vou á caza Ela

BIBLIOTECA

 



page | by Dr. Radut