Skip to Content

Programa Observa_Acción

No CPI Pecalama estamos a desenvolver o programa Observa_Acción, que ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

O contido do programa estará baseado na formación docente dende o punto de vista da observación entre iguais, da reflexión individual e/ou grupal dos propios docentes, do intercambio de boas prácticas e da implementación do aprendido na aula dos docentes participantes.

O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo) que se detallan a continuación:

  1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) 
  2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
  3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)
  4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza)

OBSERVA ACCIÓN

 



page | by Dr. Radut