Skip to Content

Proxecto de vida activa e deportiva

A MILLA DIARIA

1. INTRODUCIÓN

¿Cal é a súa orixe?

A Milla Diaria ten a súa orixe en Escocia no 2012. Laine Wylie, mestra de primaria nun colexio de Stirling, pasaba moitas horas mirando polas fiestras da súa aula. Reflexionando, mirou para o alumnado, se non sería mellor que o seu alumnado estivese fora correndo que alí sentados.

Un día un voluntario do colexio no que traballaba esta mestra abriulle os ollos, “Estos niños están demasiado poco en forma” lle comentou. Nada raro. Case o 40% dos nenos/as británicos de entre 11 e 15 anos padecen sobrepeso, e un de cada dez xa é obeso antes de empezar o colexio. A condición física infantil estase deteriorando de xeito acusado, sendo o sedentarismo un dos factores máis relevantes (abuso de pantallas, xogos pasivos). Deste xeito, un día, Wyllie decidiu pasar a acción “Vamos todos/as a la calle”. Levounos o parque próximo o colexio que miraba pola fiestra e propuxo que o rodearan correndo. “Una vuelta al parque era un cuarto de milla”, recorda. Tiñan 10 anos e non o logrou ningún alumno/a. O día seguinte repetiron a proba e o outro e o outro...Nun mes estaban transformados. Todos/as podían correr unha milla (1,6 kilómetros).

Dende o CPI Navia de Suarna, pretendemos que estes hábitos de vida saudable cheguen a toda a comunidade educativa, así que vos animamos a participar a todas e todos (alumnado, nais, pais, docentes....) buscando un ratiño cada día de entorno aos 10 minutos.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

Dentro dos Proxecta +, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o noso centro solicitou o Plan da Milla Diaria, un plan que busca axudar aos centros docentes a elaborar o seu Proxecto de Vida Activa e Deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

O CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, situado nun entorno rural, ten o privilexio de estar rodeado de natureza, concretamente nos Ancares Lucenses. Aproveitando esta situación, a proposta da Milla Diaria, pretende sumar km para alcanzar diferentes cumes dos Ancares (Vedual, Campanario, Cuiña, Campolongo...).

3. DESENVOLVEMENTO

3.1. Descrición

O plan céntrase en realizar una milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo, práctica que se pode estender ás casas coas familias, fora do horario lectivo. Así increméntase a actividade física diaria dentro ou fora do horario lectivo, buscando medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla “IMC”). (anexo 1)

O obxectivo prioritario será loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida.

Para iso, o alumnado elaborou un panel-rexistro con 9 cumes dos Ancares, tentando alcanzalos o longo do ano. Cada @ terá un avatar identificador creado por elas/eles mesmas/os, o cal terá que ir escalando posicións segundo o número de Millas realizadas.

Ademais en cada cume, o alumnado para poder seguir avanzando, terá que entregar unha ficha competencial o seu titor/a (anexo 2), relacionada cos metros de altitude o que se encontra o cume (agás Educación Infantil).

Se alcanzan o último cume agarda un agasallo moi, pero que moi, interesante. ¿ANÍMASTE?

¿por onde podo facer a MILLA DIARIA?

  • NA ESCOLA: no entorno do colexio, está pintado un percorrido circular no chan, cunha distancia total de 200 metros, aproximadamente. Deste xeito para facer a Milla terías que contar 8 voltas o percorrido (agás infantil que fará 6 voltas). Para contar as voltas, tendes a disposición unha caixa con bastoncillos na liña de saída/ meta (1 volta= 1 bastoncillo= 8 bastoncillos/Milla).
  • ÁREA RECREATIVA: este entorno facilita a carreira/andaina, tendo diferentes sendeiros para un ritmo constante e cómodo. Emprega diferentes instrumentos para tomar distancias (reloxo GPS, móbil, ou cos podómetros que ten o profesor de EF, os cales están a disposición de toda a comunidade educativa).
  • Noutro lugar escollido polo alumnado, sempre e cando rexistre a distancia cun dispositivo dixital.

¿como rexistro a MILLA DIARIA?

Cada vez que fago unha Milla, teño que mover o meu avatar no panel dos Ancares. Cada punto vermello corresponde cunha Milla, tendo que desprazar o avatar un só punto por Milla alcanzada. Antes debes confirmar a distancia co mestre de EF e rexistrala (anexo 3)

 

 

3.2. Etapas

Etapa Altura (metros) Millas acumuladas
1 Vedual 1752 11
2 Campolongo 1794 22
3 Peñarrubia 1822 33
4 Peña Venera 1822 44
5 Cuerno Maldito 1856 55
6 Penalonga 1881 66
7 Campanario 1905 77
8 Mostallar 1935 88
9 Cuiña 1987 99

3.3. Recompensas

Todo aquel alumnado que consiga facer as 9 etapas e 99 millas durante o curso escolar 23/24, desfrutará dunha experiencia única e divertida relacionada cunha actividade Multiaventura..

 

MAIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA

 Esta submodalidade do Plan de Vida Activa e Deportiva do Plan Proxecta + pretende achegar contidos dunha forma interdisciplinar, traballando en movemento e implicando o alumnado, cun enfoque competencial e significativo. Deste xeito o longo do curso traballaron: 

a) Matemáticas: sentido estocástico, sudokus, operacións a través de xogos en movemento. 

b) Lengua Castellana y Literatura: práctica de verbos, conxugacións e tempos verbais a través de circuitos e búsquedas do tesouro. 

c) Lingua Galega e Literatura: coordinado co equipo de EDLG, o alumnado da ESO, diseñou xogos clásicos para levar a cabo co resto do colexio no Día DA Infancia. Ademais traballouse a comprensión oral e escrita, lectura cun BREAKOUT para liberar a Luisa Villalta no día das Letras Galegas 2024. 

d) Ciencias Naturais: plogging, breakout o aire libre, xogos de relevos para traballar o corpo humano e os seus sistemas/ órganos.

e) Educación Artística: elaboración de material de refugallo para ocupar o tempo libre. 

XOGADE: participación intercentros en Becerrea, nas modalidades de tenis de mesa e baloncesto. 

En adxuntos, imaxes das diferentes propostas. 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
AdxuntoTamaño
corpo humano.JPEG905.89 KB
breakout_airelibre.JPEG1.26 MB
operacións_discogolg.JPEG830.08 KB
plogging.jpg4.86 MB
rubik_sudokus.JPEG624.48 KB
Milla diariaJPEG834.88 KB
Mochila deportiva.JPEG706.65 KB
patios dinámicosJPEG660.62 KB
xogade.jpg333.91 KB


blog | by Dr. Radut