Entrega de notas
A entrega do boletín de notas correspondente á convocatoria extraordinaria de setembro realizarase o venres, 3 de setembro, ás 13:00 h.
Matrícula
Coas notas achegarase o sobre de matrícula, que se poderá entregar ese mesmo día ou o luns, 6 de setembro.
A documentación que cumprirá entregar para a matrícula é a seguinte:
- 1º e 2º ESO: só o impreso de matrícula.
- 3º e 4º ESO: impreso de matrícula e xustificante do pago de taxas do seguro escolar (no sobre de matrícula achégase o número de conta).