Skip to Content

Galeano

Biblioteca

Biblioteca

Un lugar para desfrutar da lectura

A biblioteca do CPI Mosteiro-Meis atópase na planta baixa do edificio principal xunto as instalacións da cociña. Estamos a desenvolver, dende fai xa 8 anos, o plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE), o cal permitiunos mellorar, tanto o espazo como os fondos. De feito, agora mesmo, a biblioteca é un lugar axeitado para a lectura e o estudo, pero ademais, tamén sirve como entorno axeitado para realizar as actividades organizadas dende o equipo de biblioteca, como encontros con autores, representacións, contacontos, teatrillos, etc.

Os fondos están clasificados por idade e por temática.

Dispón tamén de 3 postos de ordenadores con acceso á internet de uso libre é de libros electrónicos.

Para o préstimo de libros débese de ter o código de usuario de biblioteca, que asignamos a cada alumno/a a principio de cada curso.

Para promover os hábitos de estudo, a biblioteca está aberta durante os recreos e tamén en horario de comedor de mércores a venres, para aqueles que necesiten dun espazo para adiantar as súas tarefas antes de marchar para casa.

A biblioteca posúe o seu propio blog e pode acceder libremente a través do seguinte enlace.

 

Actividades

 

Clube de lectura

Encontros con autores

mochila viaxeira

Exposición de libros

 

Intercambio de libros

 

Lecturas compartidas

Kamishibai

Teatriño e títeres

Contacontos de alumn@s

Distribuir contido


by Dr. Radut