Skip to Content

Galeano

Transporte escolar

O Real Decreto 443/2001, de 27 de abril establece as condicións de seguridade no transporte escolar e de menores, onde se tratan aspectos como antigüidade dos vehículos, características técnicas, inspección É moi importante que o pai ou o titor coñézaas e esixa o seu cumprimento.

- Os vehículos non pasarán os 16 anos de antigüidade.

- Irán sinalizados co indicativo de transporte escolar na parte anterior e posterior do vehículo.

- Na documentación deberá figurar que superou unha inspección técnica anual si ten menos de 5 anos, e semestral si supera esa antigüidade; que dispón dun seguro obligatorio e outro complementario que cubra a responsabilidade civil por danos e prexuízos; e contar cunha autorización especial para o transporte escolar.

- O autobús disporá de prazas para persoas con discapacidade.

- O piso do vehículo non pode ser deslizante e os bordos da escaleira deben ser de cores vivas.

- As portas disporán de barras para facilitar as operacións de subida e baixada.

- Os asentos situados fronte a ocos de escaleira, ou aqueles que non estean protexidos polo respaldo doutro, deben contar cun elemento fixo de protección. Si estes asentos van ocupados por nenos de 5 a 11 anos, os cintos terán tres puntos de suxección e disporán de coxíns elevadores.

- A duración máxima do tempo da viaxe en cada sentido non debe exceder de 1 hora.

 O manual básico do acompañante do transporte escolar atópase no seguinte enlace

 Web das rutas de transporte detalladas

 

 

Plano transporte



page | by Dr. Radut