Neste curso 2024-2025 o CPI de Mosteiro-Meis terá implantado o proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria. Isto implica que o alumnado destes niveis dispoñerá dun ordenador persoal e do acceso a contidos dixitais na contorna virtual de aprendizaxe EVA E-Dixgal.
Toda a información referente ao proxecto está dispoñible neste enderezo web. É moi importante que as familias consulten o apartado "Información para as familias", do que cómpre destacas as seguintes cuestións:
Entrega dos equipos
- O alumnado que se incorpora esta ano ao proxecto (5º de Educación Primaria, 4º de ESO e alumnado novo no centro) recibirá o seu ordenador persoal nos primeiros días do curso, acompañado dun folleto informativo e de dúas copias do acordo de cesión (unha para as familias e outra para o centro).
- Os ordenadores do alumnado só se poderán levar para a casa unha vez que se entreguen os acordos de cesión correspondentes, asinados pola nai, pai ou titor legal de cada estudande. No caso de non entregar este acordo de cesión, o ordenador asignado poderá empregarse só dentro do centro.
Condicións de uso
No acordo de cesión detállanse as condicións de ás que está sometido o préstamo do ordenador persoal do alumnado, que resumimos a continuación:
- O ordenador só se poderá empregar para estudar e realizar tarefas encargadas polo profesorado. Ademais, non poderá cederse a outras persoas.
- Non se poden realizar manipulacións no ordenador nin no software instalado nel.
- O alumnado debe traer a batería completamente cargada todos os días.
- O ordenador devolverase ao rematar o curso e cando o centro o solicite se for necesario.
- O ordenador poderá ser inspeccionado en calquera momento para constatar o seu estado.
Resolución de incidencias e seguro opcional
No caso de se producir unha incidencia relacionada co ordenador persoal dos alumnos, deberá notificarse o antes posible ao centro ou ao Soporte Premium. En relación con isto, cómpre ter en conta o seguinte:
- As avarías debidas a fallos de fabricación estarán cubertas pola garantía dos equipos, polo que a reparación ou reposición non terá custo ningún para as familias.
- A reparación das avarías non debidas a defectos de fabricación (roturas, intencionadas ou accidentais) deberá ser asumida polas familias, así coma a reposición dos equipos no caso de perda ou roubo.
- Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional que cobre a rotura dos diferentes compoñentes do equipo, cun prezo de 49 € por curso académico. A contratación debe realizarse a través do teléfono 881 505 136.
Desde o centro recomendámoslles ás familias a contratación deste seguro, xa que a reparación dalgúns compoñentes ten un custo moi superior aos 49 € (por exemplo, a reparación dunha pantalla rota pode supoñer uns 400 €).
Se precisan máis información, poden poñerse en contacto co centro ou co Soporte Premium. Neste último caso, o servizo está dispoñible as 24 horas do día, os 7 días da semana, a través das seguintes canles: