Skip to Content

Extraescolares

Entroido 2023

Este ano disfrazarémonos seguindo a temática do curso O río Tea e a súa contorna.

O venres 17/02/2023 seguirase o seguinte horario:
a. 11:30_ cambio de roupa.
b. 12:00_ pasarrúas por Mondariz (se o tempo o permite)
c. 13:00_  desfile polo colexio e foto de grupo.
d. 13:45_  recreo e recollida do patio.

Ordes do meco:

  • Luns 13 de febreiro: “O luns, vexades mellor ou peor, anteollos haberá que pór”
  • Martes 14 de febreiro: “O martes pon o espertador mais non poñas o pantalón, trae o pixama debaixo do chaquetón”.
  • Mércores 15 de febreiro: “O mércores toca traballar; trae o mandil, non te vais lixar”.
  • Xoves 16 de febreiro: “O xoves, vaia frío ou calor, pon o teu mellor traxe como se fósemos de festón”.
  • Venres 17 de febreiro: “O venres de Entroido vai ser a gran festa, así que disfrázate segundo o río Tea”.

Días non lectivos: 20, 21 e 22 de febreiro.

Contenido sindicado


VOZ NATURA

 

 

Biblioteca

 

Bibliotecas Escolares

by Dr. Radut