Normativa reguladora. Clica aquí
Reserva de praza. Máis información aquí.
Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.
(Só para o alumnado procedente de centro adscrito que finaliza a etapa)
Poderán presentar a solicitude:
-
a través da aplicación informática admisión alumnado,
-
a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
-
ou ben cubrindo o impreso de solicitude e presentalo fisicamente no prazo indicado na secretaría do centro onde está matriculado actualmente (centro adscrito)
Todas as solicitudes de reserva de praza presentadas foron admitidas.
Postos escolares ofertados en cada nivel e etapa. Clica aquí.
Proceso de admisión. Máis información aquí.
Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo de 2024.
Poderán presentar a solicitude:
-
a través da aplicación informática admisión alumnado,
-
a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
-
ou ben cubrindo o impreso solicitude galego ou impreso solicitude castelán e presentándoo presencialmente no centro elixido en primeiro lugar.
Matrícula
Prazo para formalizar a matrícula:
-
Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024.
-
ESO e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.
Áreas de influencia do centro e áreas limítrofes.
O CPI de Mondariz non está adscrito a ningún centro.
Área de influencia: Concello de Mondariz (completo).
Áreas limítrofes: As correspondentes dos concellos: A Cañiza, Fornelos de Montes, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Ponteareas (zonas 1 e 5) e Salvaterra de Miño (zona influencia do CEIP Plurilingüe Leirado).
O alumnado empadroado nas parroquias de Barcia de Mera, Casteláns e O Piñeiro, pertencentes ao concello de Covelo, poderá optar indistintamente por continuar os estudos de educación secundaria obrigatoria no CPI de Mondariz ou no IES Val do Tea, do concello de Ponteareas.
Outra información. Aquí
Portal educativo: https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision